29 de dec. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 28 Dec 2012 01:59 PM PST
auditorio-nigran
O Concello de Nigrán procedará á retirada de fondos que teña depositados naquelas entidades financeiras que executen desafiuzamentos aos veciños do municipio. Así quedou establecido na última sesión do Pleno a iniciativa da Unión Centrista de Nigrán - CDL, que agregou esta enmenda a unha moción presentada polo PP na que se instaba ao goberno de España a modificar a Lei Hipotecaria. A resolución foi tomada por unanimidade dos 17 concelleiros.

 
Posted: 28 Dec 2012 01:28 PM PST
-O espectáculo inclúese dentro da programación de Nadal deseñada pola Concellería de Cultura do Concello de Gondomar
-Terá lugar o sábado 29, ás 18 horas no auditorio Lois Tobío
 
Posted: 28 Dec 2012 01:17 PM PST
-A obra realizarase os días 30 de decembro e 5 de xaneiro
 
Posted: 28 Dec 2012 12:57 PM PST
Jose Manuel_Abascalggggg
Baixo a organización da Concellería de Deportes en colaboración coa Sociedade Atlética Val Miñor, e da man do que fora presidente desta, José Luis Ferreira, o medallista José Manuel Abascal ofreceu unha charla este sábado 29 de decembro no auditorio municipal do Concello de Gondomar.

 
Posted: 28 Dec 2012 11:50 AM PST
cantares-do-brion-letras-ga
O sábado, 29 de decembro, no Centro Cultural de Vincios, ás 20:00 horas, con entrada libre, terá lugar o Concerto de Nadal 2012 do Coro Tradicional Cantares do Brión.

 
Posted: 27 Dec 2012 06:23 PM PST
Recreación simulada da nova ubicación da ponte románica de A Ramallosa.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e infraestructuras, baralla a posibilidade de trasladar a ubicación actual da ponte románica da Ramallosa a un enclave máis próximo ao esteiro da Foz. O motivo esgrimido dende a administración autonómica sería o de darlle unha maior visibilidade ao monumento, actualmente ocultado pola ponte nova da estrada comarcal C-550 que une Nigrán e Baiona.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario