- A loita dos traballadores de Paradores trasládase ás redes.
- O veciño de Gondomar, Alfredo López , recibirá o premio OSÍXENO 2012 polo seu traballo en defensa da fauna mariña.
- Atopan o corpo dunha muller que caeu ao mar onte pola mañá mentres estaba ao percebe nas Orelludas.
- OVALMI convoca aos hostaleiros de Camos, Priegue, Parada e Nigrán para organizar unha nova ruta gastronómica.
- Gloria Pérez impartiu en Nigrán a súa charla "Outra forma de ver as enfermidades"
Posted: 12 Dec 2012 02:43 PM PST
Os traballadores de Paradores Nacionais de Turismo inician nas redes unha recollida de sinaturas contra a privatización do servizo, a retirada do ERE imposto pola empresa, contra o peche de establecementos e o mantemento dos postos de traballo.
|
Posted: 12 Dec 2012 01:54 PM PST
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia(ADEGA) vén de fallar este mércores os premios OSÍXENO e DIOXINA que recoñecen ás mellores e peores actuacións ambientais do ano. Na categoría individual o premio recaeu no veciño de Peitieiros (Gondomar), Alfredo López (biólogo mariño e especialista en debuxos da fauna ) pola súa defensa do patrimonio marítimo do país, a través do seu labor na Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).
|
Posted: 12 Dec 2012 11:46 AM PST
Foi atopado o cadáver dunha veciña de Viladesuso (Oia) de 58 anos que caeu na mañá de onte ao mar mentres estaba ao percebe nas Orelludas (zona de rochas limítrofe entre Baiona e Oia). O accidente tivo lugar á vista doutras persoas que traballaban nesa zona, pero carecían de medios para auxiliar á vítima, que segundo testemuñas, estivo por máis de media hora loitando pola súa vida. A vítima pertencía á Cofraría de pescadores de A Guarda.
|
Posted: 12 Dec 2012 12:54 PM PST
A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) convoca a hostaleiros das parroquias de Camos, Priegue e Parada, así como do centro de Nigrán para organizar o evento gastronómico "A tortillada", prevista para o vindeiro mes de xaneiro. Para iso, tivo lugar unha reunión este xoves 13 de decembro ás 18 horas na sede de OVALMI en Nigrán. A convocatoria foi aberta a socios e non socios de OVALMI. Os interesados poden recibir maior información no teléfono 986366730 ou no propio local da asociación.
|
Posted: 12 Dec 2012 12:09 PM PST
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario