CARME
ADÁN E ALBERTE ALONSO PEREIRA, VISITAN AOS AFECTADOS/AS DAS PREFERENTES
PECHADOS NO CONSISTORIO DE O ROSAL
A deputada e o portavoz nacionalista no Rosal, reiteraron o apoio ao
colectivo e anuncian a presentación de novas iniciativas parlamentarias ao fin
de asegurar o cobro das cantidades estafadas por NCG Banco
Carme Adán e Alberte Alonso, visitaron o colectivo de afectados polas participacións preferentes que mantén un encerramento na sala de plenos do Concello do Rosal
Infogauda / O Rosal
A portavoz de Política Social do BNG, Carme Adán,
acompañada polo portavoz municipal, Alberte Alonso Pereira, visitou, (a última
hora da tarde de onte), ao colectivo de
afectados/as polas participacións preferentes pechados no salón de
Plenos do concello de O Rosal.
A deputada trasladou o seu apoio e o do BNG ás protestas
dos encerrados e anunciou a presentación de máis iniciativas parlamentarias
destinadas a resolver unha situación que afecta a miles de galegos e galegas
que, polo momento, non poden recuperar
os cartos investidos nas participacións preferentes.
O salón de sesións plenarias do concello rosaleiro, é o lugar onde permañecen pechadas ás persoas afectadas polas estafas bancarias, que recraman unha solución digna á súa problemática
Para a parlamentaria do BNG, a emisión de participacións preferentes e subordinadas representan unha “estafa e abuso de confianza” e denunciou que o Goberno galego aínda no impugnara ante o Tribunal Constitucional unha “lei que invade competencias autonómicas” e mesmo da cobertura xurídica ao “saqueo” de miles de aforradores estafados por bancos e caixas.
Na súa visita, a deputada do BNG reclamou a devolucións da
totalidade dos cartos aos afectados e manter a vía de arbitraxe para aqueles
que a solicitaron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario