11 de dec. de 2012

A GUARDA

RAFAEL LOUZÁN, PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PRESIDIRÁ Á PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBOR DA HISTORIA DO SPORTING GUARDÉS

O acto terá lugar o sábado día 15 de decembro, ás 20:00 h. no Centro Cultural de A Guarda (Rúa Rosalía de Castro, 14)


Infogauda / A Guarda

O titular da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, presidirá o acto de presentación do libro Sporting Guardés, que terá lugar o vindeiro sábado día 15 deste mes, ás 20:00 h., no salón de actos do Centro Cultural e Social de A Guarda, sito na rúa Rosalía de Castro, nº 14. 
Asemade, tamén estarán presentes o primeiro presidente do clube, Manuel Lomba de la Peña e Víctor Manuel Lomba González, actual presidente do Sporting Guardés.
A presentación do evento correrá á carrego de Agustín Franco Lomba.
Compre relembrar que o Sporting Guardés foi fundado en 1958. Trátase de un clube deportivo con máis de medio século de traxectoria. A publicación que vai ser presentada conmemora eses 50 anos de existencia, na que hai moitos nomes própios, tanto de xogadores como de adestradores, directivos, colabouradores,... O libro é, sen ningunha dúbida, unha magnífica aportación o coñecemento dunha parte moi importante, da historia deportiva de A Guarda. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario