17 de nov. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 15 Nov 2012 08:21 PM PST
O alcalde de Nigrán entregando o PXOM á CCMM de Parada. Foto: Prensa Concello de NigránSalvemos Monteferro sinala que a documentación relativa ao PXOM entregada polo concello non é válida.
Unha carta de resposta da Xefa de Costas de Pontevedra desta semán puxo en alerta ao colectivo que sinala que o documento urbanístico ainda non infromou sobre o PXOM e se atopa á espera da nova remisión do plan por parte do concello.

O colectivo pide a dimisión do alcalde por faltar a verdade e non ser claro na tramitación e no proceso de infromación previa do documento.


 
Posted: 16 Nov 2012 02:01 PM PST
cartel-emprego-gondomarA concellería de Formación e Emprego do concello de Gondomar organiza na vindeira quincena do presente mes de novembro, catro sesións informativas de busca de emprego.
Baixo o título de: "Gondomar traballa polo emprego" van a desenvolverse no centro neural do concello de Gondomar e durante o mes de novembro, catro sesións de traballo onde se tratarán diversos aspectos clave para a mellora da empregabilidade das persoas desempregadas.

 
Posted: 16 Nov 2012 01:48 PM PST
pazo-diaz-O monologuista Candido Pazó presenta o sábado 17 un espectáculo de humor ácido e diversión
-O domingo 18 Juan Díaz, actor de 'Aquí no hay quien viva', representará 'Caso 315'

 
Posted: 16 Nov 2012 12:49 PM PST
piraguismo-gondomarEste sábado, día 17 de novembro, a Concelleria de Deportes de Gondomar e o club de Piragüismo Val Miñor, organizan unha xornada de piragüismo gratuíta para todos os nen@s que queiran participar.

 
Posted: 16 Nov 2012 10:55 AM PST
pazo-da-touzaA Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) celebrará este sábado 17 de novembro a súa XIX Cea da Amizade no Pazo da Touza. Ademais do acto de confraternidade, terá lugar o tradicional sorteo de agasallos en base aos regalos aportados polos membros da asociación. A actividade dará comezo ás 22 horas e se anuncia a participación dun grupo musical e grandes sorpresas.

 
Posted: 16 Nov 2012 10:19 AM PST
agresion ivan_gil-O Colexio de Xornalistas condena a agresión sufrida polo fotógrafo Iván Gil de "EL Confidencial" durante a cobertura da folga xeral do 14-N.
-Un axente antidisturbios disparoulle unha pelota de goma a pesar que o xornalista ensinaba o seu cartón de prensa.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario