O GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA LEVA O PLENO DE NOVEMBRO UNHA MOCIÓN PROPONDO MEDIDAS DE APOIO ÁS FAMILIAS AFECTADAS POLOS EMBARGOS DA PRIMEIRA VIVENDA
A moción tamén propón que o Concello retire os fondos municipaís e cancele a conta bancaria que ten, daquelas entidades bancarias que executen un embargo da primeira vivenda, daquelas familias guardesas que están en situación de precariedade económica.
Rexistro de Entrada nº 7262
Data do 16-11-2012
Diante a dramática
situación que viven miles de familias, por causa da crise, coa incertidume de
perde-la súa vivenda, traballo,... Por desgracia xa son varios centos de miles
de familias que nestes últimos 5 anos perderon a súa única vivenda; pero como o
problema da crise ainda vai para longo, hoxe os grandes partidos xa comenzan a
escoita-las voces de miles de cidadáns que claman solucións prácticas e
realistas para os problemas das súas económicas domésticas, para o seu día a
día.
Non ten sentido, que nun país onde +30% do parque de
vivendas están valeiras, despois de perde-la súa por un embargo bancario fiquen
na rúa sen ningunha opción; para incrementa-la desgracias destas familias,
despois de perde-la vivenda, os pagos feitos, aindan fican con unha débeda
pendente có Banco; có cual son sometidas a unha situación de ruina económica de
por vida, o que conleva sen remedio a unha situación de marxinalidade social.
Unha das fontes deste problema está nunha lei hipotecaria que está totalmente
desfasada, que data de 1.909. ¿Porqué os dirixentes políticos nestes 40 anos
non fixeron unha nova? Máis axeitada á realidade social, máis xusta entre as
partes, pois coa lei actual a entidade bancaria está nunha situación de
privilexio frente ó cliente que contrata unha hipoteca.
Dende o ano 2.008, os diferentes gobernos da
Administración Central levan entregado +80.000 millóns de euros de fondos públicos,
para salva-las antidades bancarias, só neste ano os fondos públicos aportados
son de 50.000 millóns. ¿Porqué hai recursos económicos públicos para
salva-las entidades bancarias e non hai nin un céntimo para salvar da miseria e
miles de cidadáns?.
Sabemos que a solución non está nas máns do Concello,
pero este sí que pode aportar unha postura ética e solidaria cós nosos veciños;
para iso propoñemos unha serie de medidas a tomar por parte do Concello, para
que os nosos veciños non se sintan sós, nin desamparados, que dende o inicio
poidan saber que o Concello vai estar con eles. As medidas que a seguir
propomos xa están a ser exercidas por diferentes Concellos galegos.
Dende Converxencia Galega propomos a toma do seguinte acordo ó Pleno do
Concello:
1º) Que o
Concello retire os fondos municipaís e cancele a conta bancaria que ten,
daquelas entidades bancarias que executen un embargo da primeira vivenda,
daquelas familias guardesas que están en
situación de precariedade económica.
2º) Que o Concello preste unha asistencia
gratuita a estas familias de carácter técnico e xurídico para que poidan facer
valer os seus dereitos ante a entidade bancaria. Así como advertir ós Servicios
Sociaís do Concello que elaboren un listado das posibles familias que poidan
estar dentro ou moi perto desta problemática.
A Guarda, a novembro do
2.012
Beatriz Estévez Álvarez

Ningún comentario:
Publicar un comentario