5 de nov. de 2012

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PON EN MARCHA “Vender máis Nadal”, UN PROGRAMA FORMATIVO COMPOSTO POR OBRADOIROS TEMÁTICOS PARA PEQUENOS COMERCIANTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA




Impartidos en formato intensivo de fin de semana buscando a maior compatibilidade coa xornada laboral comercial, a Deputación de Pontevedra pon en marcha “Vender máis Nadal”, un programa formativo deseñado para os pequenos comerciantes da provincia de Pontevedra.
Esta fin de semana ( domingo 4 e  hoxe luns 5 de novembro) tivo lugar o obradoiro práctivo “Espazos que venden”, centrado no traballo dos aspectos que contribúen a potenciar a imaxe integral dos establecementos comerciais durante o período de Nadal, especialmente o escaparatismo, a paquetería e o envoltorio de regalo así como a animación comercial estacional como elemento estratéxico clave dinamizador das ventas.
Precisamente, a deputada provincial, Ana Isabel Vázquez, visitou esta mañá o taller no que participaron comerciantes de Marín ( Cocimarín S.L.); A Guarda ( El Patio de Mi Casa); Pontevedra ( Mercería Lembranzas; Librería Tuchín; e DETALIA ARAÚJO, C.B.); Cangas (Alter-Nativa La Otra Tienda Del Bebé); Salceda de Caselas (ARCOIRIS COMPLEMENTOS, S.C.G); Tui (PORTA DA PIA ARTESANIA, S.C.); Vilagarcía (Moto Bazar, C.B; Calzados Yosu; Bambola Moda Y Complementos/Bema Galicia,S.C.) Campolameiro (a casa grande; o peto; floristería tallos) e Nigrán (Alimentación Tenda Nova).
Segundo explicou Vázquez, esta actividade formativa “ está impartida por profesionais que contan cunha dilatada experiencia no asesoramento en escaparatismo, interiorismo e ventas”. O programa estivo composto por 4 módulos formativos repartidos en dous días en horario de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h para un grupo de 15 alumnos.

Cada comerciante recibiu unha guía precisa de suxerencias e solucións prácticas que poderán aplicar no seu dia a dia e que lles axudará a mellorar a imaxe do seu comercio.

Obradoiros gratuítos “Vender máis Nadal”


Os obradoiros gratuítos “Vender máis Nadal” están compostos por sesións prácticas que se desenvolverán no novo taller de formación para o comercio da Deputación de Pontevedra, un espazo inspirado nun escenario de ventas real.

Os grupos son reducidos debido á materia concreta que se trata e ás esixencias de asistencia personalizada ós alumnos por parte dos docentes. Cada alumno pode traballar o seu caso persoal coa axuda dos docentes nun contorno real de traballo.
A Deputación de Pontevedra está comprometida coa formación de calidade motivo polo que se está realizando un esforzo especial na aposta por novas actividades que permitan impulsar e dinamizar o noso comercio tradicional. 
  
 “Renova o teu comercio LOW COST”. 28 e 29 de outubro.

Esta iniciativa desenvolveuse con éxito os días 28 e 29 de outubro. A valoración dos alumnos asistentes foi boisima.
Máis que un curso, foi un obradoiro de formación na que o comerciante estudou as claves de éxito para relanzar o seu negocio e atopou in situ, as solucións acordes ó momento e situación económica actual.

Impartido por Marketing-Jazz, firma especializada en Marketing Visual, o programa contou con 3 módulos formativos repartidos en dous días en horario de 10:00 a 18:00h. para un grupo máximo de 12 alumnos.

Cada comerciante recibiu en soporte dixital a proposta de deseño para renovar o seu comercio. Debuxos do plantexamento dos novos escaparates, paredes, interior, plano xeral e proposta de materiais precisos para levar a cabo o proxecto como resultado dunha consultaría individual.
  
“O teu comercio en Nadal”. 11 e 12; 18 e 19 e 25 e 26 de novembro
Os vindeiros días 11 e 12; 18 e 19 e 25 e 26 de novembro terán lugar os obradoiros prácticos de escaparatismo, decoración e paquetería de Nadal cos que se axudará ós pequenos comerciantes a potenciar a súa notoriedade comercial como base do incremento das súas ventas.
Trátase de aprender a crear escaparates que sorprendan ós clientes e que atraian de xeito eficaz a súa atención.
Impartido por docentes cunha ampla experiencia comercial e no asesoramento en escaparatismo e decoración, estes obradoiros estarán compostos por 4 módulos formativos repartidos en dous días de formación en horario de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 18:00h para un grupo máximo de 15 alumnos cada un.

Buscarase trasladar ós alumnos un sistema de mellora continuo  dándolle as claves para que poidan aplicar o aprendido durante todo o ano nos seus comercios.

preciso para desenvolver as propostas creativas (papelería, paquetería, ferramentas, pinturas, lazos…).
Aconséllase que cada participante aporte obxectos e produtos dos seus comercios para poder traballar a exposición dos mesmos no escaparate e as técnicas de empaquetado así como a máxima información visual posible do aspecto dos comercios xa que axudará a conseguir un maior detalle nas propostas dos docentes e contribuirá moi positivamente ó aproveitamento dos obradoiros. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario