A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA INSTALARÁ DESFIBRILADORES NOS
ESPAZOS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DA PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra sacará
un concurso público para instalar desfibriladores nos espazos e instalacións
deportivas de maior uso e con maior afluencia de xente na provincia.
O presidente, Rafael Louzán, anunciou hoxe en rolda de
prensa a medida e invitou aos concellos da provincia a sumarse á iniciativa que
tén como finalidade primordial .
O plan para instalar os desfibriladores conta con que os
concellos interesados remitan, de xeito previo, unha relación dos espazos
deportivos (campos de fútbol, pavillóns, etc.) máis utilizados e aporten unha
financiación de arredor do 50% do seu coste.
A Deputación ven realizando diversas xestións dende fai
tempo para a adquisición destes aparatos electrónicos portátiles que, por
economía de escala (ao comprar un número considerable), podría obtelos por
1.000 euros a unidade. Coa ventaxa engadida de que a empresa suministradora
comprométese a impartir cursos de formación para as personas de cada concello
que os utilicen e a aportar outro tipo de aparatos médicos de urxencias.
Louzán indicou que agora a Deputación está a fixar as
prioridades acerca dos lugares nos que se instalarán os desfibriladores. Dixo
que será nos lugares con maior afluencia de público, de máis uso deportivo e
coa prioridade que estableza cada un dos concellos que se adhiran ao plan.
Xunto a Louzán compareceu en rolda de prensa o deputado
provincial e alcalde de Baiona, Jesús Almuiña, que profesionalmente é médico.
Almuiña explicou que o desfibrilador é un aparato electrónico portátil que
diagnostica e trata a parada cardiorrespiratoria cando é debida á fibrilación
ventricular _na que o corazón tén actividade eléctrica pero sin efectividade
mecánica_ ou á taquicardia ventricular sin pulso, restablecendo un ritmo
cardíaco efectivo eléctrica e mecanicamente.
Según explicou, o aparato disminúe a morte súbita, é moi
fiable, de manexo sinxelo, automático, e que non precisa de xentes
especializadas en medicina.
Rafael Louzán conclueu afirmado que .

Ningún comentario:
Publicar un comentario