REMATADO
O COBRO DO IBI- URBANA, OS CONCELLOS DE PONTEVEDRA QUE DELEGARON A XESTIÓN NA
DEPUTACIÓN RECADARON 7 MILLÓNS MÁIS QUE O ANO PASADO
· A recadación
pasou de 35,3 millóns no 2011 a 42,3 no 2012
· Puxeronse ao
cobro 374.017 recibos, 16.063 máis que no 2011
O presidente da Deputación de Pontevedra,
Rafael Louzán, informou hoxe, en rolda de prensa, que os concellos da provincia
que teñen delegada a xestión dos seus tributos no ORAL recadaron este ano 7
millóns máis que o pasado en concepto de IBI de urbana.
Louzán explicou que o prazo en voluntaria
rematou en outubro e a recadación do IBI de urbana supuxo para o contribuinte
unha serie de incrementos de cuota. Rematada a cobranza, os resultados concello
a concello son os que figuran na tabla adxunta.
Louzán destacou que a porcentaxe de cobro voluntario foi do 85 %
(igual que 2011) e dixo que, sumados os
contribuintes de Voluntaria e os que usan o recargo, en todos os concellos supérase o 92%
de cobros sto supón unha baixísima morosidade no contexto actual>,
afirmou.
O importe
da recadación total en Voluntaria acadou os 42.310.494, frente a 35.369.146 de
2011. Esto supón que
os concellos que delegaron a xestión na Deputación recadaron case 7
millones máis que en 2011: exactamente 6.941.348 euros
más.
Os Concellos da provincia que teñen
delegada a xestión tributaria e a recadación de IBI urbana na Deputación de
Pontevedra son 51. O número de recibos postos
ao cobro acadou a cifra de 374.017, é decir
16.063 máis que no 2011.
Según Louzán, o incremento é posible gracias á labor de xestión
tributaria e catastral que realiza a Deputación de Pontevedra a través do ORAL,
actualizando e inspeccionando os censos, formulando as correspondientes altas e
variacións, en coordinación coa
Dirección General del Catastro, labor que se realiza de xeito continuado e
permanente perante todo o exercicio.

Ningún comentario:
Publicar un comentario