6 de nov. de 2012

GALICIA

"Só dende o cinismo se poden cobrar 13 millóns e desprezar unhas páxinas que alimentan o sentir dun país"


                                   Suso de Toro no acto de apoio a El Pais Galicia
                                               CC BY Praza Pública

"Estamos aquí convocados por eles, que son xornalistas e ademais teñen conciencia de seren traballadores. Neste tempo no que todo nolo quitan, onde cada vez máis a política é puro clasismo, unha loita dos ricos contra os pobres, hai que celebrar esta conciencia de seren traballadores e de defender un servizo público. Porque El País é unha empresa privada pero tamén é patrimonio da sociedade". Así falou Suso de Toro no acto que este martes se celebrou en Compostela para apoiar os traballadores do xornal, afectados por un ERE que rematará con 149 empregos, unha ducia deles en Galicia. A mobilización coincidiu co primeiro dos tres días de folga convocados polo comité de empresa de El País.

Ningún comentario:

Publicar un comentario