A CAFETERÍA DO CENTRO SOCIAL DE ESTÁS (TOMIÑO)
ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA DE NOVOS ARTISTAS DO BAIXO MIÑO
Juan Ramón Martínez Barbosa / Estás
A Cafetería do Centro Social de
Estás (Tomiño) acolle dende este mércores 28 de novembro ata o domingo 23 de
decembro, unha exposición fotográfica de curiosas paisaxes do Baixo Miño e
Galicia en época outonal e aínda preciosas imaxes cuxa procedencia traspasa
fronteiras (Portugal, Irlanda e mesmo Rumanía).
Sara Gándara, Chus López, María Pérez e Juan Ramón Martínez, son os catro
autores dunhas instantáneas que principalmente amosarán lugares ben coñecidos
da comarca e -outros tamén por descubrir- do noso fértil e fermoso territorio
galego, pero iso sí, dende unha óptica moi diferente á cotiá.
A exposición estará aberta todos os días, en horario da cafetería, dende as
10:30 horas da mañá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario