PALESTRA: CRISE AMBIENTAL ACTUAL, UNHA SERIA REFLEXIÓN CARA Ó FUTURO
HOXE SÁBADO, ÁS 20:00 H. NO CENTRO SOCIAL FUSCALHO
Diante
dunha nova crise sociopolítica e sobre todo económica provocada polo propio
sistema a nivel global, subxace outra de maior calado e impacto, ambiental,
producida entre outras causas, pola propia actividade humana, polo que tamén a
podemos denominar como socio-ambiental.
Esta crise, producto dun desenvolvemento ás claras insustentable, principalmente nas últimas décadas (o principio de desenvolvemento xa non se sostén polo que habería que ir xa cara a un decrecemento), é ó igual que a outra (coa que está tamén directa ou indirectamente relacionada) de ámbito planetario e non deixa de ser unha seria e irreversible ameaza para a pervivencia do mesmo incluido dentro del por suposto a nosa propia especie (mudanza climática, alteración da biosfera, perda de biodiversidade, fragmentación xeolóxica, perda de solo fértil, forestal e cultivable, contaminación atmosférica, das augas, etc.).
Malia ralentización do desenvolvemento provocado pola propia crise do capital, os gobernos político-representativo- institucionais a nivel europeo, estatal, autonómico ata o municipal en complicidade cos intereses corporativos e capitalistas a nivel científico, da banca e empresarial a nivel mundial, non cesan en vendernos que unha vez superada esta crise do sistema (nin elxs saben cando, o mais probable que nunca) voltaremos á mesma senda do desenvolvemento anterior pretendendo seguir seguindo coas mesmas políticas antropocéntricas e biocidas.
Galiza como parte do Sur (neste caso de Europa) non deixa de ser unha desas zonas ou rexión periférica e aínda subdesenvolta para os intereses económicos, alimentarios, turísticos e enerxéticos do Norte e tamén do Centro-leste ibérico, o que conleva unha serie de especulacións neses termos, trasladados dende a élite políticocientíficoeconómica á sociedade en forma de Plans, Programas, Proxectos, …
Plans de mobilidade a traveso de mais autovías e AVE rompendo co territorio en beneficio das transnacionais constructoras, dos combustibles, do contaminante e caro automóbil privado e do elitista tren de alta velocidade, novos PXOMs e áreas metropolitanas con mais edificabilidade, intentando concentrar e masificar a poboación na costa favorecendo ao mesmo tempo un maior abandono do rural, mais proxectos mineiros e parques eólicos nas serras aínda conservadas dende a costa ata o interior, mais portos deportivos e piscifactorías dentro das xa de por si maltratadas rías, impactantes macrodepuradoras que non solucionan senón que agravarían o grave problema de saneamento de augas residuais actual, unha xestión dos residuos baseada no negocio a conta do lixo e na altamente contaminante incineración, unha ordenación dos montes enfocada a potenciar unha maior superficie de monocultivos e de especies alóctonas, pirófitas e invasoras forestais, mais concentracións parcelarias e cultivos transxénicos que rematarían por barrer do mapa o agro e a autosuficiencia alimentaria tradicionais, unha ordenación e unha normativa claramente insuficiente que afonda na interesada desprotección dos espazos naturais, etc... a nivel galego serán en resumo os grandes protagonistas da palestra.

Ningún comentario:
Publicar un comentario