A DEPUTACIÓN CONVOCA A I EDICIÓN
DO CONCURSO DE CONTO INFANTIL ILUSTRADO EN LINGUA GALEGA
A Deputación de Pontevedra convoca a 1ª edición do concurso de conto
infantil ilustrado en lingua galega Contando Historias.
O obxectivo do mesmo será estimular
e premiar a creación literaria e artística de todas aquelas persoas que,
residindo en Galicia, queiran participar desta iniciativa; á vez, achegarlle o
Museo de Pontevedra e as pezas que nel se conservan á cidadanía.
Dentro da iniciativa poderán participar nenos e adultos. Haberá unha
categoría para creadores infantís na que poden participar todos os ciclos de
primaria dos colexios da provincia e outra para creadores adultos (Poderán
presentarse todas aquelas persoas residentes en Galicia maiores de 16 anos.
Os participantes deberán tecer, en lingua galega, unha historia novelada e
ilustrada que terá como protagonista unha peza, unha colección, un personaxe ou
un dos edificios do Museo. Os traballos deberán presentarse no Rexistro Xeral
da Deputación ata o 30 de novembro de 2012. Os premios:
11. Concurso Infantil:
· A publicación conxunta dos tres contos gañadores, un de cada categoría, que
serán distribuídos pola Deputación.
· O colexio dos gañadores recibirá un premio por importe de 500 euros, que deberá
ser investido no material escolar.
2. Creadores adultos:
·
Primeiro premio: 1.000 €.
·
Segundo premio: 600€
·
Os contos publicaraos e distribuiraos a Deputación, e os autores premiados
recibirán 10 copias do seu conto publicado.
Contos
De Samaín Para A Ponte
De Todos Os Santos
Aproveitando a celebración da
festividade de Todos os Santos, relacionada co Samaín e próxima no tempo ó
Magosto e a San Martiño, a Deputación desenvolverá, a través do Gabinete
Didáctico do Museo, a proposta titulada “Contos de Samaín”.
A actividade celebrarase os días
1, 2 e 3 de novembro, dirixida a rapaces e rapazas de entre 5 e 8 anos.
A actividade consistirá na
celebración de sesións de contacontos, complementadas cun obradoiro creativo.
Con esta iniciativa de contacontos os máis pequenos poderán coñecer algunhas
das tradicións relacionadas con estas datas e participarán a continuación nun
obradoiro creativo complementario dos relatos.
A actividade desenvolverase na
lareira do edificio “García Flórez” e as salas contiguas. Terá unha duración
aproximada de 90 minutos, co seguinte calendario: o xoves, 1 de novembro, ás
12:00 h, e o venres, 2, e o sábado, 3, ás 18:00 h.
O número de participantes en cada
sesión será, como máximo, de quince. Os interesados en inscribirse poderán
facelo chamando ó teléfono 986 804 100, extensión 42413, ou no correo
electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario