A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
PON EN MARCHA O PACTO POLA CALIDADE E A PRODUTIVIDADE SOCIAL NO EMPREGO DO PROXECTO aQuelando3
A Deputada dos Servizos Socias e
Promoción de Emprego da Deputación de Pontevedra, Marta Iglesias Bueno, pechou
os seminarios de sensibilización para o desenvolvemento das cartas de servizos
que tiveron lugar os días 30 e 31 outubro. Estes seminarios supoñen o inicio
das accións do Pacto pola Calidade e a Produtividades Social no Emprego do
proxecto «aQuelando3» subvencionado polo Fondo Social Europeo, que foi firmado
por todas as entidades adheridas o pasado 12 de setembro do presente ano.
Celebráronse, concretamente, dous
seminarios un dirixido o persoal técnico dos servizos sociais dos concellos que
integran as mancomunidades adheridas o mencionado Pacto ( Mancomunidade do
Salnés, Mancomunidade dos Vales Ulla- Umia, Mancomunidade de Terras do Deza, Mancomunidade De
Municipios Val Miñor , Mancomunidade do
Baixo Miño e o Grupo de Desenvolvemento Rural do Condado-Paradanta. E outro
dirixido o persoal técnico das entidades sociais, empresarias e sindicatos
adheridos o Pacto ( Cruz Roja Española, Cáritas, COGAMI, FADEMGA, Fundación
ERGUETE, FADEMUR, AJE, AEMPE, APE-Galicia,
APE-Pontevedra, UGT, CCOO e a Universidade de Vigo.
Este traballo ten como finalidade fomentar a mellora da calidade dos
servizos de Atención a Persoas mediante a simplificación de trámites, facendo
mais accesibles os recursos públicos de información e asesoramento e que as
entidades adheridas o mencionado Pacto traballen da man da entidade provincial
na xestión da calidade nos servizos de atención a persoas.
O Pacto vai establecer un vínculo de implicación e interacción entre tódalas
entidades participantes para fomentar o desenvolvemento local. O conxunto de
actividades que se desenvolvan ao abeiro do mesmo suporán unha iniciativa
activa de creación de emprego que aunará os esforzos
de tódalas entidades supramunicipais, axentes sociais e económicos
adheridos a esta iniciativa co gallo de fortalecer o emprego existente,
fomentar a plena ocupación, identificar as posibles liñas de negocio, promover
o autoemprego e facilitar a inserción socio-laboral das persoas pertencentes
aos colectivos de difícil inserción na provincia de Pontevedra a partir da
posta en marcha de programas, proxectos e actividades a nivel local, comarcal e
provincial no eido de atención a persoas.
Neste senso, compre destacar que a Deputación de Pontevedra traballa por
acercar a administración ás cidadáns da provincia, profesionalizar o sector de
atención as persoas mediante unha formación acreditada que mellore a
empregabilidade das persoas interesadas en traballar no sector, obxectivos do
proxecto aQuelando3.
Ningún comentario:
Publicar un comentario