LOUZÁN E ONCE ALCALDES ACORDAN CONSTITUIR UNHA COMISIÓN PROVINCIAL COORDINADORA DE CONCELLOS DE INTERÉS TURÍSTICO
Buscan planificar actividades, coordinarse, dar un salto de calidade, ofrecer servizos máis eficientes e aforrar costes
Panorámica do porto de A Guarda (Pontevedra) - Foto: Ricardo Rodríguez Martínez
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán,
acordou con once alcaldes de concellos turísticos a creación dunha Comisión
Provincial Coordinadora de Concellos de Interés Turístico de Pontevedra.
Según explicou Louzán en rolda de prensa, na Coordinadora,
que se integrará en Turismo Rías Baixas, participarán os once concellos
pontevedreses que ostentan tal denominación _O Grove, Sanxenxo, Vilagarcía, Cambados, Cangas, Tui,
Mondariz-Balneario, Nigrán, Baiona, Poio e A Guarda_ así como a Xunta de
Galicia, o Estado (a través da Subdelegación do Goberno) e a propia Deputación
de Pontevedra.
Obxectivos, fins
e actuacións
Entre os obxectivos da nova agrupación de concellos
figura a necesidade de abordar, de xeito conxunto, problemas e aspectos comúns
a todos eles. Os once anteditos son os que reciben maior afluencia de turistas
e tamén de visitantes de concellos próximos. E, dalgún xeito, constitúen a
imaxe promocional exterior das Rías Baixas.
Na actualidade, todos eles teñen problemas derivados da
escasez de guardia civil e policías
locais na tempada estival, dificultades de contratación de personalde limpeza,
emerxencias, socorrismo e outros producidos porque, na maioría dos casos,
duplican ou cuatriplican a súa poboación en verán sin que a dotación dos seus
servizos se altere.
A Coordinadora de Concellos de Interés Turístico de
Pontevedra definirá, en coordinación coa Deputación Provincial, un Manual de
Boas Prácticas Turísticas, poñerá en marcha un identificativo en cada concello
para resaltar a súa catalogación turística e traballará de xeito conxunto e
coordinado para que, a través de
economías de escala, aforrar costes nas compras de material e servizos
dos citados concellos.
Co obxectivo de manter o seu alto nivel de calidade na
prestación de servizos xerais e medioambientais, a Coordinadora traballará en
conxunto e contará, nas distintas administracións, con algún baremo particular
á hora de reparto de fondos orientados ao turismo.
Plataforma de
Servizos Turísticos
Según Louzán, esta medida xa estará operativa na creación
da Plataforma Integrada Intelixente de Servizos Turísticos de Pontevedra para
cuia creación a Deputación acaba de obter 2,5 millóns de euros (2 de fondos
europeos e 500.000 da institución provincial). Trátase dun proxecto para
inversións e explotación de I+D+i en empresas turísticas.
O presidente explicou que a Plataforma transformará o
actual Turismo 1.0 noutro que incluirá a interacción cos usuarios (2.0) e con
información en tempo real relacionada (3.0). Centralizará e xestionará toda a
información turística dende un único punto de entrada, proporcionando ao
visitante tanto puntos físicos de información como novos canais virtuais.
”Hoxe, o mercado turístico baséase nos portais de turismo públicos, coa súa información estática, pero tamén, cada vez máis, no uso masivo de Internet, smarphones, tablets, etc. asi como en portais privados de hoteis ou voos, nas redes socias, etc. E todo eso porque o perfil do turista é distinto ao tradicional. Por eso creamos esta Plataforma, porque moitas Pemes non teñen capacidade para asimilar o cambio producido e, en consecuencia, disminúe a súa produtividade (...)", afirmou Louzán.
”Hoxe, o mercado turístico baséase nos portais de turismo públicos, coa súa información estática, pero tamén, cada vez máis, no uso masivo de Internet, smarphones, tablets, etc. asi como en portais privados de hoteis ou voos, nas redes socias, etc. E todo eso porque o perfil do turista é distinto ao tradicional. Por eso creamos esta Plataforma, porque moitas Pemes non teñen capacidade para asimilar o cambio producido e, en consecuencia, disminúe a súa produtividade (...)", afirmou Louzán.
Cooperación,
eficiencia, aforro
A Plataforma diríxese as 27.027 empresas ligadas ao
sector turístico na provincia, unha cifra que representa o 38,12% do total de
empresas de Pontevedra e que aporta o 12% do
PIB dela.
O alcalde de O Grove, Miguel Angel Pérez, destacou que a Coordinadora nace pola
preocupación común en "dar valor", preservar a imaxe de calidade de
Galicia e do seu turismoe solucionar de xeito conxunto temas como seguridade,
contratacións, etc. ”(...) pois estes concellos teñen que contratar entre
50 e 150 personas máis no verán para manter servizos (... ).”
Tanto Pérez como o alcalde Baiona, Vázquez Almuiña,
suliñaron que “(...) non somos un club de presión, senón que
ofertamos incrementar a cooperación para mellores servizos e aforro de costes.
Queremos planificar actividades, coordinarnos e dar un salto de calidade”, afirmaron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario