18 de set. de 2012

CULTURA

Nace en Galicia a “Escuela Internacional de la Comicidad”, unha experiencia piloto única en Europa, que contará con 8 docentes de diferentes países. 




Culturactiva / Galicia

A “Escuela Internacional de la Comicidad” que comeza o próximo 1 de outubro en Santiago de Compostela, é un proxecto dirixido polo galego Iván Prado (director do Festival Internacional de Clown de Galicia: Festiclown) e polo murciano Antón Valén (coñecido polo seu traballo de clown no Cirque du Soleil).
A ambos mestres, súmanse personalidades de referencia no ámbito do arte do cómico como son: Claudia Contín, especialista en Commedia dell’arte, é coñecida mundialmente por ser a primeira Arlecchino muller; Ferruccio Merissi, experto en Commedia dell’arte e Teatro Oriental; Norman Taylor, especialista na pedagoxía de Jacques Lecoq, un dos referentes mundiais do teatro físico e Myriam Villalobos responsable do módulo de improvisación da escola. A escola contará ademais con Belén Gordillo, especialista en ritmo e “bodymusic”, disciplina que combina percusión, danza e canto, e o Mago Teto que completará o universo cómico do/as alumno/as co seu módulo de maxia cómica. 
A “Escuela Internacional de la Comicidad” é un proxecto pioneiro en Europa no eido do teatro cómico, que nace en Galicia para expandirse a nivel internacional, e ser unha oportunidade para todo/a aquel/a que queira profundar os seus estudos teatrais cunha formación baseada na experiencia e no estudo das diferentes expresións artísticas que conforman o universo do humor e o riso a través do teatro. 
Ademais da Escola Regular (de seis semanas de duración) a “Escuela Internacional de la Comicidad” oferta 5 módulos formativos de fin de semana coa práctica totalidade dos mestres da escola. Ditos cursos levaránse a cabo durante todos os fines de semana de outubro e o primeiro fin de semana de novembro.
Para participar nos cursos de fin de semana non se require experiencia previa.
Aínda quedan prazas libres. As inscricións (para ambas modalidades) están abertas no:  delacomicidad@gmail.com e no teléfono 981 58 28 36.

Ningún comentario:

Publicar un comentario