18 de set. de 2012

CINEMA

Homenaxe da XXXIV Semana internacional de cine de autor de Lugo a Ricardo Núñez 
A edición deste ano do festival que organiza o grupo cinematográfico Fonmiñá entre o 17 e o 25 de setembro dedica varias actividades ao recoñecido autor betanceiro.

A XXXIV Semana internacional de cine de autor, organizada polo grupo cinematográfico Fonmiñá en colaboración coa vicepresidencia da deputación provincial, dedica esta edición ao director, produtor e guionista betanceiro Ricardo Núñez Lisarrague (Betanzos, 1904-Palma de Mallorca, 1998). Entre as actividadesprincipais inaugurouse unha exposición no refectorio do Museo Provincial de Lugo, presentouse o libro ‘Ricardo Núñez: O Emperador da simpatía’ de Manuel Curiel e proxectaranse no auditorio de NCG as películas "Nuestro culpable" (1938), "Stella" (1943), "La chica del barrio" (1967) e "Lo que cuesta vivir" (1967).

Ningún comentario:

Publicar un comentario