Posted: 17 Sep 2012 02:17 PM PDT
A menos de dous meses da aprobación da ordenanza contra o botellón en Nigrán, volve a rexurdir o debate político pola teima destes encontros n'A Ramallosa. Os socialistas acusan ao goberno local de incumprir as súas promesas de combater os "macro botellóns" e transformar a devandita zona nun " pobo onde é imposible o descanso dos veciños e veciñas". Pola contra, o alcalde Alberto Valverde, afirma que a Xunta Local de Seguridade constatou unha diminución das denuncias veciñais nos últimos meses, á vez que asegura que a "policía local puso en marcha una brigada de limpieza los domingos por la mañana, para paliar" as consecuencias do que denominou un "problema social".
|
Posted: 17 Sep 2012 10:03 AM PDT
Promotores do Reino Unido, Bélxica e Francia están percorrendo distintas vivendas e urbanizacións na primeira liña da costa en Ares, A Coruña, Ribeira, A Illa, A Toxa, O Grove, Sanxenxo, Vigo e Baiona
A previsión de crecemento de habitantes censados en Baiona para os próximos 20 anos é de apenas 1257 habitantes, fronte aos 8872 previstos no PXOM.
Galicia non sufriu a burbulla inmobiliaria na mesma medida que a costa mediterránea, por exemplo. Pero son centos as vivendas e urbanizacións baleiras na procura de compradores e que no non atopan interesados no chamado mercado interno, á espera de que os prezos baixen moito máis do que xa o fixeron. E as promotoras e entidades bancarias están moi necesitadas de colocar esas casas. En Grecia falouse da posibilidade de que investidores alemáns se fixesen con algunhas das illas do Mar Exeo. A costa galega está en venda e neste momento aqueles que queiran investir en propiedades inmobiliarias poden atopar algunhas a prezos moi reducidos.
|
18 de set. de 2012
VAL MIÑOR
Publicado por
Infogauda
ás
15:33
((•)) Escucha este post
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario