- Nigrán acomete a restauración das "fernandinas" instaladas en toda a liña do litoral
- As Angustias están de festa
- Peitieiros acolle este sábado o XIX Festival Folclórico Internacional
- A baionesa Irene Silva Xiráldez inaugura "Seráns na Ría" na Galería Sargadelos de Baiona.
Posted: 16 Aug 2012 10:01 AM PDT
A concellaría de Vías e Obras do Concello de Nigrán inicia a restauración e o pintado dos farois "fernandinas" instaladas en toda a liña do litoral entre Panxón e A Ramallosa. Con esta iniciativa permitirá recuperar un dos emblemas do municipio -afirman dende o Concello- e unha zona de gran afluencia tanto de locais como de visitantes, como é o paseo que conecta Panxón coa Ramallosa, pasando por Praia América e Monte Lourido.
|
Posted: 16 Aug 2012 09:52 AM PDT
Un ano más, a Comisión de Festas de As Angustias propón un atractivo programa para os vindeiros días 17,18, 19 e 20 de agosto. As festas comezarán o venres ás18.00 horas, coa misa solemne con sermón en honra á Nosa Señora de Luján, patroa de Arxentina, e coa actuación da Banda de Música Xuvenil de Xinzo. Ás 20.00 horas terá lugar a gran tirada de fogos, con xigantes, cabezudos e a treboada de Baixo Miño. Pola noite, verbena amenizada polas orquestras Chicago e Ceniza.
|
Posted: 16 Aug 2012 09:37 AM PDT
|
Posted: 16 Aug 2012 09:25 AM PDT
A artista plástica Irene Silva Xiráldez (Belesar - Baiona) exporá a colección "Seráns na Ría" na Galería Sargadelos do 16 de agosto ao 2 de setembro. O acto de inauguración tivo lugar na tarde de onte ás 20:30 horas no devandito local situado na Rúa Carabela Pinta Nº 5.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario