A XUNTA DE GALICIA ABONA
AS CANTIDADES PENDENTES O SAN XEROME
O longo destes días a Xunta
de Galicia ingresou as cantidades
pendentes por diferentes conceptos o
Centro San Xerome. A Consellería de Educación abonou os meses de maio e xuño correspondentes o
mantemento do Centro educativo (3-22 anos). A Consellería de Traballo fixo efectiva
a cuantía pendente do mes de xuño do Centro de Día e Centro Ocupacional
(Servizo de adultos). A mesma Consellería abonou o Coste salarial do ano 2011, e o pendente do
ano 2012, do Centro Especial de Emprego
de Xardinería (Empresa constituida no
ano 1998, que da traballo a 17 persoas
con discapacidade).
Ainda que as graves
dificultades polas que atravesaban os
diferentes Servizos do Centro están temporalmente resoltas, a Xunta Directiva
do Centro mantén a convocatoria dunha reunión extraordinaria coas familias dos usuarios para mañán sábado
dia 18 de agosto as 19 h. nas
instalacións do Centro, na que se abordarán os seguintes temas:
1. Situación económica
actual dos diferentes Servizos do Centro.
2. Perspectivas e medidas a adoptar no caso de novas demoras.
3. Curso 2012-2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario