30 de ago. de 2012

A GUARDA



O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN CAMBIOS NA UBICACIÓN DO MERCADILLO


A actual ubicación do mercadillo dos sábados na rúa Coruña, presenta unha serie de inconvintes para algúns veciños, xa que a instalación de certos postos dificulta o acceso as súas vivendas, garaxes,... Por sorte, son un número reducido, concretamente é a área situada na rúa Coruña, entre as rúas Ourense e Tomiño, o que totaliza 130 metros lineais.

         Para evitar estes problemas, creemos necesario facer unha nova redistribución dos postos do mercadillo plantexando diversas alternativas, a nova ubicación debe estar perto dún lugar céntrico da Vila, non estar moi lonxe da espacio actual, non interferir no tráfico, non crear problemática no acceso as vivendas e garaxes dos veciños,…, e ademais de ter unha lonxitude liñal que permite a nova ubicación dos postos trasladados.




OPCION A
                Ubicación no inicio da rúa República Dominicana, no lado esquerdo en sentido ascendente, ata chegar a intersección con Bouzó; cunha lonxitude aproximada de 130 metros, no lado esquerdo no hai vivendas, polo cal non se crea molestias  os veciños.  Ademais a ubicación é un lugar céntrico, dentro da Vila.
         Toda esta zona tería o tránsito de vehículos rentrinxido, escepto as urxencias, ca rúa Bouzó aberta a circulación.

OPCION B
                Ubicación no tramo sin construcción do Transversal Brasil, podendo ser en ambos lados da rúa ata a intersección ca rúa República Dominicana-Estrada o Castro; cunha lonxitude aproximada de 130 metros. Nesta ubicación non hai vivendas, polo cal a molestia é nula, a ubicación proposta está próxima o cetro da Vila, ademais a restricción de tráfico non ocasiona perjuicios a ninguén, e moito menos na actualidade en que o Concello adaptou o espacio do PERI-4 como aparcadoiro público.

Deixar claro que as dúas opcións poden ser complementarias para o futuro do mercadillo, xa que ambas están moi cerca  e poderían ser usadas en próximas ampliacións de espacios do Mercadillo.

A Guarda, a 29 de Agosto do  2.012



REXISTRO DE ENTRADA Nº 5465
DATA do 29 de AGOSTO do 2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario