- Xeira do IEM pola fraga de Oliveira.
- O San Lourenzo de Belesar
- Fernández Comesaña cualifica como unha "trampa mortal" as reformas da Estrada pola Vía
- O Concello de Gondomar apoiará a gravación de catro discos de músicos locais.
Posted: 30 Jul 2012 02:01 PM PDT
O vindeiro mércores 1 de agosto terá lugar unha Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos pola fraga de Oliveira. O percorrido estará guiado por Xosé Ramón García (IEM), con quen visitarase unhas paraxes que están dacabalo dos concellos de Gondomar e Baiona, polas beiras do río da Groba, entre os lugares de A Granxa e Belesar en Baiona, e Abrullido e Oliveira en Gondomar. Deste último recibe o nome. O punto de encontro será no Mercado de Sabarís ás 18 horas.
|
Posted: 30 Jul 2012 03:25 PM PDT
Para Xoán 2 de 5
Vivía na parroquia de Belesar do Concello de Baiona un home máis ben pequeno, forte, tirando a groso e cunha calva grande e brillante coma unha lúa chea do mes de setembro que cubría cunha pucha daquelas de pouco voo pois non ia máis alá de onde remataba a calva e comezaba o pelo. Chamábase Manuel Blanco pero cando falaban del tirábanlle polo alcuño de “o xuíz”. Tiña oficio de carpinteiro e traballaba nunha fábrica de vidro que había na entrada de Vigo, preto da estación dos tranvías de Vigo a Baiona chamada a Florida, e nela baixaba, os días que ía traballar que eran todos menos os domingos e “festas de gardar”, coma se dicía naquel entón, unha hora despois de coller ás seis da maña en Sabarís o primeiro tranvía e facendo o percorrido de volta ás seis do serán.
|
Posted: 30 Jul 2012 03:17 PM PDT
|
Posted: 30 Jul 2012 02:22 PM PDT
-Todas as bandas actuarán dentro da programación cultural deste verán
-Rubén de Lis rexistrará en directo os temas do seu novo traballo no concerto programado por Cultura o 28 de xullo
-"É esencial potenciar a difusión dos artistas e grupos locais", Ignacio Troncoso, concelleiro de Cultura
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario