XORNADAS TÉCNICAS
Feira do Viño do Rosal
Venres, 13 de xullo de 2012, ás 11.30 h., no centro Social Polivalente
A AGV convida a viticultores, adegueiros e cualquier persoa que esté interesada no evento
Co gallo da XX Feira do Viño do Rosal o como ven sendo costume nos últimos anos a Asociación Galega de Viticultura (AGV) organiza as Xornadas Técnicas de Vitivinicultura que se impartirán no Centro Social Polivalente - Rúa Cabaqueiros, 4 - de O Rosal, o vindeiro venres día 13 de xullo, a partir das 11.30 da mañá.
As Xornadas serán inaguradas polo alcalde do Rosal Xesús María Fernández Portela, quen dará paso o primeiro ponente que será tamén o pregoeiro da XX Feira do Viño do Rosal, Xavier Castro que fará unha ponencia sobre “A Cultura do viño na comarca do Rosal no marco de Galicia”.
Xavier Castro
Xavier Castro é Doutor e Profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela. Ten escrito numerosísimos traballos e publicacións sobre a historia da alimentación na Galiza, e en especial a historia e cultura do viño. Destacan "A Rosa do Viño" e "A la sombra ejemplar de los parrales", estoss dous sobre a viticultura, e "A mesa e manteis" e "Yantares Galegos: historia da dieta atlántica" onde aborda a evolución dos xeitos de alimentación na nosa historia. Foi temán asesor científico do anexo documental da TVG, "O mundo de Celavella".
Na seguinte ponencia faráse un percorrido por todas as castes galegas e tamén matizará o problema de unha doenza - "Black Rot” -, que se está dando nos últimos anos na D.O. Rías Baixas a cal normalmente e por historia, e unha enfermidade da D.O Ribeiro.
Francisco Rego
A intervención estará a cárrego de Francisco Rego, Enxeñeiro Agrícola pola EUETA de Lugo, que no ano 1974 comeza a traballar no Servizo de Extensión Agraria de Ribadavia. No ano 1993 se incorpora á area de viticultura da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galiza, onde desenvolve varias tarefas de divulgación, formación e investigación da realidade vitícola galega. De feito, xunto con Enrique Pérez e baixo a dirección de José Antonio Iglesias. desenvolve o colosal traballo de identificación do potencial vitícola galego, que permitiu clasificar inicialmente máis de 67 castes autóctonas, traballos que aínda teñen continuidade dentro da comunidade científica galega. Tamén na charla do día 13 vai abordar a proposta dun abano preferente de castes para o Baixo Miño e a incidencia dunha doenza que ten preocupado nos últimos tempos, o "Black Rot".
A AGV convida a viticultores, adegueiros e cualquier persoa que esté interesada no evento.
Jorge Cardoso Mariño
“Coidamos - dixo Jorge Cardoso Mariño a Infogauda - que estas Xornadas Técnicas son moi importantes para o sector vitícola o cual, despois de 3 anos, xa está collendo unha referencia no panorama vitivinícola e non podía fallar nunha feira tan importarte como a do Rosal”.
Jorge Cardoso afirmou igoalmente “(...) que a feira do Rosal e moi importante para a comarca, non so económica e turística senon tamén culturalmente, porque o viño e unha cultura, e porque no Rosal temos un “coupage” dos mais elegantes e finos do mundo do viño”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario