11 de xul. de 2012

A GUARDA


CONVERXENCIA GALEGA CUESTIONA O GRUPO DE GOBERNO MUNICIPAL POR CONVOCAR UNHAS PROBAS SELECTIVAS FORA DO HORARIO DE TRABALLO DOS MEMBROS DO TRIBUNAL


CONTRATACION DO GRUMIR

A través do Decreto 0429/2012, asinado polo Alcalde, de data do 09 de xullo, convócanse unhas probas para a selección para contratación de 3 capataces e 9 peóns para o Servicio do GRUMIR , cun contrato de 6 meses de duración.

Dende CONVERXENCIA GALEGA queremos facer unha serie de puntualizacións sobre este proceso selectivo, para que sexa coñecido por todos guardeses.   
        
1º.-) Xa no anterior Pleno Ordinario, xa fixemos unha proposta para que os tribunais dos procesos selectivos, fixeran o séu traballo e a realización das probas selectivas dentro do horario normal de traballo (nesta época de vacacións de 8 a 2 da tarde)
A Lei 7/2007 de 12 de abril, marca isto como unha función legal do tribunal seleccionador, polo tanto, xa que é unha actividade do tribunal que se faga en horario de traballo.
Neste caso, as probas selectivas van ser as 4 da tarde, os días 18, 19, 20 e 23 de xullo, polo que teremos que pagar HORAS EXTRAS a SEIS (6) Membros do Tribunal, polo que estamos a xenerar un sobre costo, polo que hai que multiplicar catro días por seis membros do tribunal e por 15 euros (óu máis) danos un gasto que se podería evitar de CATROCENTOS EUROS, ¡¡ISO SON PROPINAS!! ANQUE LOGO NON TEÑAMOS PARA CAMBIAR BOMBILLAS ou LIMPAR O CARREIRO.

2º.-) Xa que a categoría de Capataz é superior a de peón, o nivel de estudios académicos tamén debería ser superior, e non requisitos tan básicos. En conclusión, con estas bases, o ter estudios de niveis superiores, non vale para nada, non se puntua. (enfermeiro, técnico forestal, etc)

3º.-) En A Guarda, a fíns de xuño deste ano, hai sobre 840 parados, pero o tempo de permanencia no paro, ser parado de longa duración, non cobrar prestación por desemprego, a situación familiar, minusvalías, e outras situacións non se teñen tido en conta, nin valorado.

4º.-) O examen escrito, tanto para peóns como para capataces, versará sobre as funcións do posto de traballo concreto, pero ademais, outro asunto para examinarse será “REALIDADE POLITICA, SOCIAL E XEOGRAFICA DO MUNICIPIO” o cal parece un tema para ocupar un posto de socioloxía, sin que se ofreza un temario nin nada sobre o asunto, de todos xeitos, pode servir para temas específicos, pero non para o GRUMIR, polo que o ser un asunto moi ambiguo, prestase para moitas e diversas interpretacións, e pode ser a porta por donde colar a amiguetes e compañeiros de partido.

5º.-) Entendemos que son unhas bases de contratación feitas marcando uns parámetros de selección non moi axeitados, nin ben concretados. Por exemplo, a experiencia laboral en sectores contra-incendio, sanidade, conductores de ambulancias, etc., para as distintas administracións ou para empresas privadas que non é valorada.

Como conclusión, en opinión de CONVERXENCIA GALEGA, estas bases buscan contratar persoal  pouco ou nada cualificado, nin académica nin profesionalmente. O sistema de puntuación dos exames escritos non está nada claro, nin existe temario sobre o que versarán as preguntas .

O Goberno Municipal, (como os cartos non lle van o peto, nin lles doi) prepara uns tribunais, no que o que máis destaca e o xeito que teñen de malgastar os recursos económicos do concello o facelos fora do horario laboral normal, polo que teremos que abonar horas extras sin necesidade.

A Guarda, a 10 de xullo do 2.012


Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable da Area de Administración Pública


Ningún comentario:

Publicar un comentario