Posted: 01 Jun 2012 02:10 PM PDT
Os nacionalistas intentarán por segunda vez no ano rebaixar as nóminas dos seis concelleiros do bipartitocon dedicacións no goberno municipal de Gondomar. Nesta ocasión aumentan a aposta, e en vez do 50% solicitado en febreiros, agora lles piden un "xesto exemplar de austeridade ante a crise" cunha diminución do 60% dos seus salarios. A redución produciría un aforro próximo aos 100 mil euros anuais, segundo cálculos do concelleiro Emilio García Crego (NPC), que de aprobarse no vindeiro pleno, se destinarían a aumentar as partidas orzamentarias de carácter social.

|
Posted: 01 Jun 2012 02:47 PM PDT
Coa colaboración da Concellaría de Deportes, o Club de Tenis Gondomar optou pola organización dun torneo benéfico. Os xogadores avalarán a súa participación coa achega de 1 kg de alimentos non perecedoiros, que se distribuirán despois desde a Concellaría de Benestar Social do Concello.

|
Posted: 01 Jun 2012 12:09 PM PDT
Tódolos domingos dos meses de xuño e xullo, entre as 10:00h e as 14:30h, permanecerá pechada para o tráfico rodado a Rúa Ángel Urzáiz (desde o cruce con Manuel Alonso ata a panadería Penisco) con motivo da actuación de diferentes actividades musicais na Praza do Concello de Gondomar. O obxectivo desta medida, afirman dende o Concello, " é garantir a seguridade e o goce dos cidadáns que asistan aos actos e o seu óptimo desenrolo así como a correcta circulación de vehículos durante a celebración dos mesmos".

|
Posted: 01 Jun 2012 10:29 AM PDT
Esta próxima fin de semana, 2 e 3 de xuño, terá lugar en Gondomar a V Noite na Biblioteca, organizada por Espazo Lectura coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar. Este ano serán 35 nenos e nenas os que teñan a oportunidade de durmir na Biblioteca Municipal e participar en diferentes actividades de fomento da lectura. A Noite na Biblioteca, actividade pioneira en Galicia que se celebrou por primeira vez en Gondomar no ano 2008, chega así á súa 5ª edición.

|
Posted: 01 Jun 2012 10:08 AM PDT
O vindeiro sábado día 16 terá lugar en Nornas Hostel un obradoiro de 8 horas que tratará de iniciar ás persoas asistentes na arte do mosaiquismo. Grazas a esta técnica podense recuperar obxectos que se daban por perdidos aprendendo técnicas de adhesión, corte de materiais ou técnicas de deseño.

|
Posted: 01 Jun 2012 09:57 AM PDT
A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Gondomar, inicia un curso de Redes, orientado a coñecer como funcionan tanto as redes sociais como empresariais e manexarse nelas cuns mínimos de seguridade.

|
Posted: 01 Jun 2012 09:51 AM PDT
Dende a Concellería de Formación e Emprego e Xuventude do Concello de Gondomar, vaise por en marcha un curso de camareiro/a. É un curso de 100 h de formación, 50 h. teóricas e 50 prácticas. O curso comeza o 18 de xuño e remata o 5 de xullo.

|
Posted: 01 Jun 2012 04:36 AM PDT
Vetusta Morla e o nigranésIván Ferreiro completan o cartel difinitivo do festivalportAmérica de Nigrán.
Os prezos das entradas para todo o festival rondan entre os 35€ para as primeiras 3000 entradas anticipadas e os 45€ para o resto.

|
Posted: 01 Jun 2012 01:52 AM PDT
Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) e será este venres 1º de xuño de 2012 ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea co convidado que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 4 90 ou ben no correo electrónico direccion@minhor.org

|
Posted: 01 Jun 2012 01:44 AM PDT
Logo dun gran ano deportivo, os cadetes doRacing Vilariño enfrontan as etapas finas do torneo que pode reportarlles a promoción á Liga Galega Sur. O vindeiro domingo 3 de xuño, ás 11:30 horas no Campo de Fútbol de San Pedro disputarán a primeira semifinal contra o equipo de Moaña. O partido de volta será sábado 9 de xuño no Louro. O gañador disputará a final do certame cara ao ascenso.

|
Posted: 01 Jun 2012 12:06 AM PDT
A directora xeral de Comercio, Nava Castro, entregou onte en Nigrán na tenda de moda Sotobó o segundo premio do certame Re-Mírate de fotografía comercial, un concurso organizado pola Consellería de Economía e Industria na súa continua aposta polas novas tecnoloxías aplicadas ao sector comercial e á promoción do mesmo.

|
Posted: 31 May 2012 07:37 PM PDT
A Plataforma SOS Sanidade Pública fixo un chamamento este martes a participar na manifestación que para este domingo organiza en Santiago de Compostela en contra dos recortes e a privatización da sanidade pública, tanto polas medidas en Galicia, como polo decreto impulsado polo Goberno central que, entre outras cuestións, introduce o copago para os pensionistas nos fármacos. Neste sentido, advertiron de que, segundo os seus cálculos, os xubilados galegos terán que abonar 80 euros ao mes, de media, para facer fronte aos medicamentos que lles son recetados.
A plataforma do Val Miñor porá a disposición o transporte en autobús, para acudir á manifestación a Santiago.

|
Posted: 31 May 2012 11:31 PM PDT
Galicia soa a boa música polo seu catro provincias: Eladio y los seres queridos coa orquestra de saxos do Conservatorio de Redondela, Orquestra Metamovida, Srasrsra, Combo Dinamo, Colectivo Oruga, Disco Las Palmeras e Martynez. En total, 7 grupos con son feito en Galicia, algúns deles, bandas consagradas, e outros moitos, novos talentos. Todos se atoparán no escenario de portAmérica en Porto do Molle, Nigrán, do 19 ao 21 de xullo.

|
Ningún comentario:
Publicar un comentario