O BNG denuncia que a falta de compromiso do Goberno español pon en perigo o ferry da Guarda
“Nin PSOE nin PP amosaron nunca un gran interese por poñer en valor o río e manter a infraestrutura do ferry”
Infogauda / A Guarda
O Bloque Nacionalista Galego ve con preocupación as noticias que están saíndo nos medios de comunicación sobre o posíbel peche do servizo de ferry entre A Guarda e Caminha.
Para o BNG a falta de compromiso do Goberno español e doutras institucións públicas na busca dunha saída que garanta o servizo, está a pór en perigo esta vía de comunicación fluvial.
O BNG leva anos reclamando un proxecto integral que teña en conta a riqueza ambiental e agropecuaria do río Miño.
Para o BNG resulta chamativo a falta de interese que amosa o PP dende a súa chegada ao Goberno español, rexeitando as emendas presentadas polo BNG aos orzamentos 2012 para que se inclúan partidas para os dragados e a modernización do ferry A Guarda- Caminha.
Asemade, o BNG quere manifestar a falta de transparencia que está a practicar o alcalde da Guarda ante esta situación, non informando aos grupos da oposición sobre os acordos acadados coa Cámara municipal de Caminha. Logo, pídese unidade de acción por parte do grupo do PSOE sen que eles a practiquen.
“O PSOE e o PP nunca amosaron grande interese por poñer en valor o río e manter a infraestrutura do ferry. Sendos partidos gobernaron en Madrid e ningún demostrou ter interese por solucionalo” afirmou Xan Lois Lomba, portavoz municipal do BNG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario