24 de xuño de 2012

TOMIÑO


SOS TOMIÑO PROMOVE UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA REPARTIR ENTRE ÁS FAMILIAS MÁIS NECESITADAS DO CONCELLO

SOS TOMIÑO
Asociación Asistencial SOS Tomiño
Téléfono: 986 623 426
Móvil:       655 607 935



A Asociación Asistencial, SOS Tomiño, organiza unha campaña destinada a recollida de alimentos, para repartir entre as familias máis necesitadas do Concello, baixo o lema “Axúdanos co teu kilo”.
Esta campaña, obedece á demanda crecente de familias que, ante a situación de crise, se ven na necesidade de pedir alimentos a esta asociación.  A demanda de alimentos é cada vez maior e SOS Tomiño, pide axuda a todos os cidadáns para poder seguir alimentando aos máis necesitados.
Esta campaña, que se efectuará na primeira semana de xullo, no supermecado FROIZ de Tomiño (do luns día 2 de xullo á sábado día 7 de xullo).
Con esta operación de recollida de alimentos, SOS Tomiño, pretende acadar algún dos produtos que máis se necesitan, sobre todo aceite e leite. Tamén se recollen outros produtos non perecedoiros.
Haberá na porta do supermercado, voluntarios de SOS Tomiño, para informar as persoas que acoden ao supermercado e queiran colaborar nesta operación kilo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario