20 de xuño de 2012

CULTURA

CONCERTOS DE PANDEIRETAS EN FORNELOS (O ROSAL) E NA VILA DE A GUARDA


Con motivo do remate do curso de pandeireta que imparte Berta Castro González en dúas asociacións da zona,  vánse facer uns pequenos concertos en Fornelos (O Rosal) e na vila de A Guarda.

Venres, 22 de xuño:

Concerto de fin de curso organizado polas Pandereteiras da Asociación Veciñal Río do Folón de Fornelos (O Rosal).
O acto terá lugar no local de dita asociación, sito na Praza de Fornelos, ás 21.30 h. 
Actuarán :
Pandereteiras Río do Folón, de Fornelos
Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa
Pandereteiras Alto da Cruz do Malleiro da Asociación Cultural de Pexegueiro.

Luns, 25 de xuño:

Concerto de fin de curso organizado pola Agrupación Cultural Guardesa.
O acto terá lugar nas aulas do antigo colexio do Sinde  ás 21.30 h.
Actuarán:
Pandereteiras Río do Folón, de Fornelos
Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa

Ningún comentario:

Publicar un comentario