O movimento dun pé
Unha longa viaxe comenza co movimento dun pé. (Lao -Tse)
A idea de convocar un concurso para que as flores suban aos balcóns e leven beleza ás rúas queda deslucida, é unha mágoa, pola perenne situación do casco. A iniciativa amosa o interés que botamos en falta para cousas de maior calado, migallas dun banquete no que levamos anos esperando invitación.
Por iso queda a sensación de que a vontade de por en marcha unha medida histórica, ou polo menos nunca vista en anos e, dende logo, nin cheirada nos tempos de Rocha I, desváese nun telón de fondo cheo de despropósitos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario