23 de maio de 2012

PONTEVEDRA


A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PON EN MARCHA AS ESCOLAS FORMATIVAS DE PIRAGÜISMO PARA FOMENTAR A BASE DESTE DEPORTE NA PROVINCIA

A institución colaborará na compra de furgonetas cos clubs que teñen dificultades para realizar os seus desprazamentos por falta de medios



A deputación Provincial de Pontevedra botará a andar este mes de marzo as escolas deportivas de piragüismo en colaboración coa Federación Galega. Esta tarde, a  deputada provincial, Begoña Estévez, mantivo unha reunión co presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, así como cos representantes dos 34 clubs de piragüismo da provincia para consensuar e abordar de forma conxunta distintos aspectos e características desta nova acción formativa.
Compre salientar que o pasado mes de setembro de 2011 o titular da Deputación, Rafael Louzán, xa mantivera unha primeira toma de contacto con estes clubs para escoitar as súas demandas, resultando unha necesidade común a creación de escolas formativas ó non ter estes a capacidade económica suficiente para sufragar os pagos ós entrenadores.
Así, a escola deportiva de piragüismo sumarase ás xa existentes de balonmán, (en 26 concellos, 123 escolas e 2.200 nenos); de fútbol (en 26 concellos, 41 escola e 1.900 nenos); de patinaxe (en 20 concellos, 25 escolas e 1.200 nenos); de judo (en 10 concellos, 12 escolas e 550 nenos); de fútbol sala (en 3 concellos, 13 escolas y 202 nenos); de marcha (en 4 concellos, 4 escolas e 150 nenos), de (rugby en 1 concello, 2 escolas e 163 nenos); e de natación (en 1 concello, 1 escola e 120 nenos).
Por outra banda, a deputada provincial Begoña Estévez, avanzou que a entidade provincial vai a ampliar o programa para a adquisición de vehículos de transporte para que os clubs que demandaron como necesidade a compra dunha furgoneta para os seus desprazamentos poidan incorporarse a esta liña de colaboracións. 
O piragüismo é un deporte clave que conta na provincia co maior número de fichas federativas así como de clubs. Por este motivo conta co respaldo da Deputación que destinou nos últimos tres anos anos na máis de 400.000 euros para axudas ó deporte náutico federado da provincia (remo, vela e os 34 clubs de piragüismo), así como outras cantidades para eventos, axudas directas a clubs e colaboracións cos deportistas olímpicos pontevedreses.
 Na reunión celebrada hoxe asistiron, o Club Augas Bravas de Salvaterra, o Club Alagua da Guarda, o Arrepións de Tui, o Breogán do Grove, a Confraría de Pescadores de Portonovo, o Mar da Ría de Aldán-Hermanos Gandón, o Piragüismo Baiona, o Piragüismo Cambados, o Miño Teixugos de Goián, o Piragüismo Poio-Conservas Pescamar, o Kayak Vigo, o Kayak Polo Combarro, o Kayak Tudense, o Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, o Tambo de Marín, o Náutico de Cobres de Vilaboa, o Muíño de Ribadumia, o Náutico Pontecesures, o Ría de Pontevedra, o Umia de Caldas de Reis, o Naval de Pontevedra, o Kayak de Mar de Cangas, o Piragüismo Aldán, o Torres Romería Vikinga de Catoira, o Illa de Arousa, o Penedo de Caldelas de Tui, o Verdugo de Pontesampaio, o Val Miñor-Frioya de Nigrán, o Verducido Pontillón, o Vilaboa, o Mondariz Balneario, o Cidade de Pontevedra, O Grove e o Rodeira de Cangas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario