MEMORIA DO CAMIÑO, EXPOSICIÓN DA PINTORA FEDRA ALCARAZ
- A mostra será inaugurada o vindeiro venres día 16 de decembro, ás 20:00 h., no Centro Cultural de A Guarda
O vindeiro venres día 16 de decembro, ás 20 horas, no Centro Cultural de A Guarda terá lugar á inauguración da exposición "Memoria do camiño" de Fedra Alcaraz Ladrero, acto que contará coa colaboración do músico Tino Baz.
A exposición durará ata o día 30 de decembro e o horario da sala é de luns a venres de 10 a 13 e de 17 a 20, e sábados de 10 a 13 h.
Fedra Alcaraz Ladrero (Madrid 24.2.1971) Pintora. Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid (1996). A súa obra caracterízase por unha ollada permanente cara ó mar, empregando diversas técnicas e materiais. Entre as súas exposicións destacan as colectivas na Sala Caixavigo (Vigo,1993) e Sala de Exposicións da Facultade de Belas Artes (Madrid, 1995) e as individuais Naufraxios (Puerto de La Cruz,1999) e Del tiempo y del olvido, Santa Cruz ,2001, entre outras.


Ningún comentario:
Publicar un comentario