Segundo o BNG, a prestación dos servizos sociais do Rosal están en perigo cos recortes do Plan Concertado da Xunta
Os recortes afectan aos máis desfavorecidos, di Alberte Alonso

Alberte Alonso Pereira, Voceiro do Grupo Municipal e Responsábel Local do BNG
O BNG presentou unha iniciativa no concello do Rosal, na que solicita que se inste á Xunta co fin de “deixar sen efecto os recortes dos fondos destinados aos concellos para gasto social”.
Infogauda / O Rosal
Infogauda / O Rosal
Os nacionalistas, xa anunciaron a través do seu Portavoz Nacional, Guillerme Vázquez, que emendarán os orzamentos da Xunta para 2012, “para que a xente non sufra as consecuencias dos recortes” que está aplicando Núñez Feijoo e o PP.
Segundo o BNG, “xusto cando, por efecto da crise económica, maior é a necesidade de recursos e prestacións sociais para atender ás persoas que con máis dureza están a sufrir as súas consecuencias, o PP, na Xunta de Galiza vén de suprimir e recortar as achegas que desenvolven servizos sociais básicos”.
Os recortes afectan aos máis desfavorecidos
O voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, criticou duramente estes recortes que “afectan aos máis desfavorecidos”. Así mesmo explicou que no caso do concello do Rosal, cos datos do ano 2010, “ponse de manifesto que se incrementou en máis dun 22%, respecto ao 2008, o número de intervencións dalgún tipo de axuda social”. Nese sentido pregúntase “como se vai atender esta maior demanda de prestacións con menos cartos?”.
Máis problemas para as arcas do concello
Alonso Pereira, lembrou que estes recortes van por en apuros ao propio goberno municipal do PP, que lle vai resultar difícil manter os servizos sociais que está a prestar. O voceiro nacionalista afirmou que a situación económica do concello do Rosal é máis que preocupante. Nese sentido dixo que o concello do Rosal, acaba de concertar un crédito ICO por valor de máis 175.000 euros só para pagar facturas atrasadas; que nos próximos 5 anos vaille ser retraida da Participación dos Ingresos do Estado preto de 500.000 euros; ou que mesmo a Deputación e a Facenda Autonómica, veñen de reclamarlle ao concello máis de 200.000 euros. “Con este panorama e coa falta de liquidez recoñecida polo propio alcalde, vai ter moi complicado asumir os servizos sociais que se financiaban en grande parte coas achegas da Administración autonómica”, afirma o voceiro nacionalista.
O BNG espera contar co apoio do PP local a súa iniciativa, para reclamar da Xunta un cambio de actitude e así, poder manter as prestacións sociais aos sectores máis desfavorecidos do concello.

Ningún comentario:
Publicar un comentario