23 de out. de 2011

VILA NOVA DE CERVEIRA

ESCRITORES, POETAS E AMIGOS DO ESCRITOR GOIANÉS, ELISEO ALONSO RODRÍGUEZ, PROMOVERÁN SÚA CANDIDATURA PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O escritor, etnógrafo, poeta e xornalista, Eliseo Alonso Rodríguez - a esquerda da imaxe - con varios compoñentes dunha quebrada do alcharife



Ricardo Rodríguez Vicente / Vila Nova de Cerveira


Como escomenzo do Festival Filminho que desde onte até 0 30 de outubro se desenvolverá en Vila Nova de Cerveira e Goián; na tardiña do sábado, a Asociación Cultural Porta XIII, con local preto do Terreiro de Vila Nova de Cerveira, acolleu unha sesión de poesía adicada á Eliseo Alonso Rodríguez, escritor, antropólogo, ensaísta, xornalista, narrador e poeta. Ata a fraterna Vila Nova de Cerveira, fomos á familia do inesquencible Eliseo Alonso, súas irmás, súa esposa e súa filla, así como unha boa representación de amigos novos e menos novos, de Seíto, procedentes de varios lugares – nomeadamente de Goián -, tanto do concello de Tomiño, como do Rosal, A Guarda, Vigo,..., e tamén de varias freguesías do Alto Minho portugués.



Alí estaba á alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, e os concelleiros Uxío Benítez Fernández e Xosé María Regueiro Otero; Carmiña Arbones, viuva do pintor Xavier Pousa Carrera, e súa filla Zara Pousa Arbones; Cuqui Piñeiro, filla do relembrado escultor Xoán Piñeiro Nogueira; Ramón Alonso Pérez, presidente do Centro Goiánes, Mané Villa Troncoso, Pablo Pousa Carrera, Alberto Romero “Romer”, María Xosé Queizán, Marta da Costa, Francisco Álvarez – Koki, Marga do Val, Antonio Martínez Vicente, Mario Rodríguez Gómez, Helena Pousa, Natalia Jorge, Lito Oliveira, Cristal Méndez, Rosa Ruíz, Luis Dorado, Xurxo Alonso Aldea, ...

O evento tivo un doble carácter reinvindicativo. Por unha parte, alí foi plantexada á proposta de que os concellos e asociacións do Baixo Miño propoñan a Eliseo Alonso Rodríguez para que a Real Academia Galega lle adique un Día das Letras Galegas, e por outra banda, levar a bó termo a elaboración da biografía do escritor goianés. É curioso, que él que se ocupou das biografías do pintor Antonio Fernández Gómez e do escultor Xoán Piñeiro Nogueira, non conte até o de agora, coa súa biografía. Son pois, dúas tarefas para as que a alcaldesa de Tomiño xa anunciou o apoio do concello tomiñés, contando coa colaboura, no tocante a biografía de Eliseo Alonso, de Alicia María Alonso Rivas, herdeira do seu legado literario, quen tamén tivo unha emotiva intervención no recital poético, en nome da familia do escritor.

Asemade foi lida unha nota remesada por Xosé Luis Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, que lamentou non poder asistir a este acto, por haber contraído con anterioridade outros compromisos que lle impedían estar presente en Vila Nova de Cerveira.
E así, entre lembranzas de anécdotas e ocurrencias arredor da figura de Eliseo Alonso, mesmo dende súa nenez – cando como moitos goianeses decía que quería ir o Brasil, e logo á Lucila, levouno para á casa natal de Seíto - ata seu pasamento, acontecido na Habana (Cuba), foron recitados versos extraídos dos seus catro poemarios: "Contos de Cotovía", "Seara de Romances", "Tiempo y Camino" e "A Fronteira Comunicante".
Como oportunamente salientou Helena Pousa, "trátase dun acto para que as silvas do esquecemento non tapen os nosos recordos".
Tamén dixo que grazas a Seíto "coñécese a Goián polo mundo". Houbo tamén lembranzas da súa estadía en Buenos Aires, onde dirixiu a revista "Mundo Galego", ilustrada polo pintor goianés Antonio Fernández Gómez.

O remate do recital poético, tódolos asistentes poideron ademirar unha mostra de fotografías en b/n que leva por título "O Pai Miño - As Miradas sobre o Río Miño de Eliseo Alonso". As imaxes foron tomadas polo etnógrafo e escritor goianés nos anos 60 e 70 do século pasado, e teñen como protagonistas os pescadores do tramo miñoto galaico-portugués. Nesa mostra podemos ollar a labor das compoñentes das quebradas dos alcharifes, a pesca desde embarcacións tradicionais como os carochos miñotos, e sobor de todo a ledicia contida, polas capturas de salmóns, lampreas,...e outras especies que desde fai milenios ofrece o Pai Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario