19 de out. de 2011

OIA

O VINDEIRO MARTES, PLENO EXTRAORDINARIO DO PLENO DO CONCELLO DE OIA


Informa: J. Miguel Giráldez / Oia


Martes, 25 de outubro de 2.011, ás 9:00 horas

Sesión Extraordinaria do Pleno Corporativo no salón de sesións do Concello de Oia.

ORDE DO DIA

PRIMEIRO: Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior, acta nº 10/2011 da sesión ordinaria de 26.08.2011.

SEGUNDO: Sorteo electoral para designación dos membros das mesas electorais que se constituirán o vindeiro 20.11.201, con ocasión das Eleccións Xerais.

TERCEIRO: Aprobación inicial, se procede, de orzamento municipal para o ano 2011.

CUARTO: Aprobación, se procede, de expediente 3/2011 de recoñecemento extraxudicial de créditos, por importe total de 44.640,57€, condicionado á entrada en vigor do orzamento municipal 2011.

QUINTO: Informe de morosidade a 30.07.2011, para tramitación ante os organos externos de control.

SEXTO: Convenio urbanístico sobre ordenación detallada e delimitación de polígono que afecta ó Monasterio de Santa María de Oia e ó entorno inmediato do mesmo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario