Máis de mil trescentas sinaturas de veciños e veciñas do Rosal, demandan a substitución da médica de San Miguel cando estea de baixa por enfermidadeOs veciños e veciñas do Rosal recollen máis de mil trescentas sinaturas en apoio á demanda de substitución da médica de San Miguel, cando esta se atope en situación de baixa por enfermidade
Infogauda / O Rosal
Infogauda / O Rosal
As sinaturas, en total 1339, foron recollidas no tempo record dunha semana, serán presentadas por unha delegación veciñal, integrada por catro veciños e o voceiro do BNG, na Xerencia de Atención Primaria da Área de Vigo esta mesma semana.
Pola súa banda, os nacionalistas, impulsores e colaboradores na campaña de recollida de sinaturas, manifestaron que “o apoio acadado a estas reivindicacións, pon de manifesto o desacordo da veciñanza coas medidas adoitadas por Sanidade de derivar os pacientes da consulta de San Miguel ao Centro de Saúde ata o de agora”.
Malestar cun escrito do alcalde
Así mesmo, manifestaron o seu malestar cun escrito do alcalde, datado do pasado luns día 10 de outubro, no que trataba como simples “comentarios” o feito real da non substitución da médica do consultorio de San Miguel. Consideran este feito como unha falta de respecto para a veciñanza e engaden que o alcalde, en vez de poñerse á fronte dos veciños apoiándoos nas súas xustas reivindicacións, o que fixo foi tentar desmobilizalos.
O voceiro nacionalista, Alberte Alonso Pereira, puxo de manifesto que hoxe luns -por onte-, o consultorio de San Miguel xa contaba cunha substituta. “Isto é pola presión da veciñanza. De manterse calados, non se houbera conseguido”, engadiu.
Os veciños, na reunión mantida para entregar as sinaturas, tamén mostraron a súa intención de manterse atentos no caso de que non sexan atendidas as súas demandas actuais ou no futuro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario