25 de out. de 2011

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA PRESENTOU UNHA MOCIÓN NO CONCELLO DE A GUARDA SOBOR DA PROBLEMÁTICA DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN EN GALEGO




En virtude do desposto no artigo 97.2 do vixente Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, para a súa aprobación se procede a seguinte M O C I O N:

MEDIDAS DE AXUDA E PROTECCION DIANTE DO CONTINUO PECHE DE MEDIOS DE COMUNICACIÓN EN GALEGO

Nos últimos dous anos e medio, máis concretamente, dende a chegada do Partido Popular a Xunta de Galicia, a situación da lengua galega non fixo máis que empeorar de maneira alarmante. Unha boa proba disto é o contínuo anuncio de peches de medios de comunicación en galego dende que Alberto Núñez Feijoo é Presidente do Goberno Autonómico. Así:

** O 24 de xullo de 2.010 decía adeus aos seus lectores vieiros.com Nacido en 1995, era o xornal dixital máis antigo de Galicia, alén de ser un dos de maior audiencia do país.

** Pouco tempo maís tarde despediríase dos quioscos o periódico semanal A Peneira (tanto na súa edición dixital como a versión en papel, que ademais tiña varias edicións comarcais). Este medio viña de facer 25 anos pouco antes de pechalas portas.

** Polas mesmas datas, deixaría de editarse o histórico periódico semanal A Nosa Terra, que levaba publicándose ininterrumpidamente máis de 30 anos, dende a súa refundación en 1977.

** Un ano despois, o 28 de xuño deste ano, deixaría de publicarse o único xornal de pago escrito integramente en galego, o Galicia Hoxe. Creado pola Editorial Compostela en 1994, co séu peche foron máis de 20 as persoas despedidas.

** Tamén no 2.011, máis concretamente no mes de agosto, anuncia o séu adeus a edición en papel Xornal, diario bilingüe, nacido a finais do 2.008, deixando na rúa a máis de 80 traballadores.

** No mes de setembro, comunican o séu peche a edición dixital de Xornal, xornal.com e tamén a anosaterra.org

En tódolos casos, tanto editores como traballadores dos medios pechados acusaron a nova política lingüística aplicada dende a Xunta de Galicia polo Partido Popular como unha das maiores responsables dos séus peches. Así durante estes anos o goberno auntonómico aplicou criterios e baremos que favorecían aos medios escritos en castelán fronte aos impresos en galego tanto no reparto de subvencións como de axudas ou de publicidade institucional (un exemplo disto, é que o longo deste ano, o xornal madrileño ABC –que xa non é que non publique nada en galego, senón que nin tan siquera respecta a nosa toponimia) recibiu máis diñeiro público que Xornal de Galicia)
Con este tipo de políticas, sumadas a outras como o polémico decreto do galego no ensino, a actual Xunta de Galicia, deixa en evidencia que, lonxe de cumprir co seu deber de defender a lengua propia do País, está a agredila dunha maneira continuada, poniendo de manifesto a influencia que certos grupos sociais en contra do galego posúen dentro do partido gobernante, que non contentos ca eliminación da prensa en lengua propia, mesmo chegaron a propor que a Radio Televisión de Galicia.

Por todo elo, dende o Grupo Municipal de Converxencia Galega, instamos ao Pleno do Concello de A Guarda, adoptar os seguintes acordos:

Primeiro.- Solidarizarnos cos/as traballadores/as de tódolos medios de comunicación desaparecidos ao longo destes meses.

Segundo.- Rexeitar a actual política de axudas aos medios de comunicación levadas a cabo dende o goberno autonómico, por inxusta e arbitraria.

Terceiro.- Rexeitar de maneira rotunda e contundente a posibilidade de que a CRTVG deixe de emitir íntegramente en galego.

Cuarto.- Emprazar a Xunta de Galicia a que cumpra o Estatuto de Autonomía de Galicia que define a nosa terra como un país bilíngüe, e aplique medidas do Congreso e do Senado, así como tamén os grupos do Parlamento galego.

Quinto.- Dar traslado deste acordo ao Parlamento Galego.


A Guarda, a 20 Octubro do 2.011


Rexistro de Entrada nº 6455 do 21 de octubro do 2.011


Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario