Tomiño comeza un novo curso sen biblioteca
• Fano público as concelleiras do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE
Infogauda / Tomiño
Mediante unha nota de prensa remitida á redacción deste xornal dixital transfronteirizo, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, de Tomiño critica, "que comece un novo curso escolar sen a tan esperada biblioteca un ano máis".
Acusan "ao Goberno municipal e a alcaldesa, de faltar a verdade, e de enganar a corporación municipal, á comunidade educativa e á veciñanza en xeral, logo de asegurar en Pleno que a biblioteca “privatizada” estaría aberta ao público para o inicio do curso".
Por outra banda, as concelleiras socialistas lamentan "que un ano máis, siga sen crearse a Comisión de honras e distincións municipais, e consideran unha falta de respecto e lealdade institucional a toda a corporación que vén de enteirarse polas redes sociais da distinción ao noso veciño Manuel Álvarez, a quen felicitamos con moito agarimo".
Queremos dar as gracias de maneira especial á Comisión, porque sabemos ben de todo o traballo e esforzo, da adicación e os desvelos que supón organizar unhas grandes festas.
Facemos extensivo o agradecemento a todas e cada unha das comisións organizadoras de festas e romarías no noso Concello. Son moitas e todas traballan duramente de maneira desinteresada para que todas disfrutemos e para manter vivo o noso patrimonio immaterial.
Para eses homes e mulleres vaia o noso sinceiro recoñecemento.
Moi felices festas a toda a veciñanza e que viva o Alivio!"
Ningún comentario:
Publicar un comentario