9 de set. de 2025

RIBADAVILA (A GUARDA)

O SERÁN DA GUÍA TEN NOVA DATA

  4 de outubro, ás 21:30 horas, na praza da Guía. En caso de chuvia celebrarase no pavillón Antonino Torrón, do CEIP As Solanas




Ricardo Rodríguez Vicente / Ribadavila

 Logo de ser aprazado por causas meteoroloxicas, o tradicional Serán da Guía ten nova data: 4 de outubro, ás 21:30 horas, na praza da Guía. 

 En caso de chuvia celebrarase no pavillón Antonino Torrón Fernández, do CEIP Plurilingüe As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo.

 O Serán da Guía, organizado pola Asociación Folclórica Vento Mareiro, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello de A Guarda, contará coa participación da Murga Airiños do Cereixo, e do grupo anfitrión - Vento Mareiro -, que convida a quen o desexe, non soio a asistir, senón a participar cos instrumentos que cada quen poida levar.

 Durante o evento haberá un sorteo de lotes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario