O CDL – A GUARDA CONDENA A ANULACION DUNHA SUBENCION POR PARTE DA XUNTA DE GALICIA
O Centro Democrático Liberal da Guarda lamenta a anulación dunha subvención dada por parte da Xunta de Galicia. Dita subvención que tiña como fin rematar coa reforma da sala de exposicións do Centro Cultural.
O goberno da Xunta, deixa sen efecto para toda Galicia unha axuda que, no noso concello tiña por obxecto seguir coa política de melloras e mantemento do equipamento do Centro Cultural.

A Xunta rebaixou fai uns meses nun 62% a subvencion destinada a o funcionamento dos conservatorios municipais a nivel autonómico dunha cuantia total de 320.249,35€ no ano 2010 rebaixouna 120.461,08 € no 2011, o que para o Concello da Guarda significou que unha axuda de 10.646,21€ no 2010 se quedaran en 3.666,04€ para o 2011. Esta rebaixa converte a participacion da Xunta no noso conservatorio en case insignificante. Dos 183.974,10 € que temos orzamentados a Xunta aporta un 2% que é 3.679,482€.
Dende o CDL – A Guarda suxerimos a Xunta que retome esta subvención. Dado que en tempos de recortes que son necesarios nunha época de crise como a que estamos pasando. Os recortes non poder ir polo camiño de recortes nos departamentos fundamentais como son a Cultura e a Educación, entre outro.
Dado que é un ben para o pobo da Guarda e é unha necesidade a dinamización de dito edificio non entendemos o posicionanmento da Xunta en anular dita subvención.
Xermán Cordero Verde
Presidente e voceiro municipal do Centro Democrático Liberal
A Guarda a 24 de Outubro do 2011
Ningún comentario:
Publicar un comentario