11 de maio de 2011

A GUARDA

OS LEMAS ELECTORAIS, MALOS PERO REAIS

Hoxe quero falar dos "slogans electorais" dos partidos políticos.

Desas frases algunhas veces parvas e outras máis exitosas, as que aínda que non todas pagan a pena están por todas partes.


Ou seu obxectivo, ademais de aburrir ata a saciedade, é conquistar a alma do elector a ir ás urnas coas súas papeletas.Que, ás veces escollidas dende o xogo de partidos de fútbol, ou en bares agora sen o fume reflexivo do cigarro, van poñer durante catro anos o noso futuro nas mans dun gobernante que vai estar suxeito aos mandatos do seu propio partido e se esquecerá daquel a quen tantos coidados adicou, case personalizados, durante a campaña electoral, é dicir, de nós.


En realidade debería chamarse "campaña de pesca", xa que esas "frases redes" están listas para capturar votos endulzando o oído do que as le, asi como "Sodes necesarios", "Polas persoas. Por ti. Vota XXX", "Un alcalde para todos e para todas", é evidente que desbordan imaxinación, precisión, ansias de captura...


Din os que saben do tema, que os lemas nunca deben ser promesas, porque en pouco tempo compróbase que se incumpriron, que non deben ser demasiado esperanzadores, porque a realidade pasa factura, e que nunca deben ser excluíntes, para non correr o risco de perder votos.


É dicir, están feitos para saír en busca e captura do noso voto.


Crear un lema electoral, é evidentemente unha tarefa titánica, fanse sondaxes de opinión, analízanse lexislaturas da oposición, fanse perfís dos propios candidatos, etc, pero en certa forma e sen darse conta " íspense" as estratexias e personalidade dos postulantes, fálase do que queren vendernos ou ocultarnos e enmascaran as reais intencións político-partidarias na maioría dos casos.


Se fosen sinceiros, deberían dicir:


PP - "Non votes PSOE, fano mal"

PSOE - "Non votes PP, farano mal"

BNG - "Dá igual que nos votes, non o faremos..."

IV - "Se non nos votas, levarémolo moi mal"

CG - "Sabemos que non tes nada mellor que votar"


Finalmente, os partidos locais apostaron por:


PP - "A Guarda quiere... evocando el espíritu de Ligero" (prometen gobernarnos con bola de cristal e espírito incluído...)

PSOE - "Para que gane A Guarda" (faltou agregar e non perdan os nosos petos)

BNG - "Hai Futuro, en Galiza hai alternativa" (alterna o que??)

IV - " Sen ataduras" (só as familiares como as da nosa lista)

CG - "Xente coma ti" (acabo de descubrir que se son coma min, deben ser mosquitos, entón, picarán forte ou non?)

Amigo mosquito, aquí vai o meu lema: "Pican, pican os mosquitos, van picando dun en un, uns pícante na cara e outros picante no C...."


ZZZ...MOSQUITO CAPÓN

2 comentarios:

  1. Mosquito Capón:Respeto o teu comentario pero debo decirte a miña opinión: En C.G. no cal teño familiares e amigos na lista como lle leven a contraria o lle digan verdades que no quer oir a o Mosquito Paí, (que non pode estar la lista por estar INHABILITADO por un tempo, por temas persoáis que respeto),pero que e o que manda e ordena, van a tela clara, e igual tamén ofrecelle das que dan os curas como pasóu co mosquito e mosquita de I.V., e non ofrecéunos das que dan os curas, pero moitos que lle levamos a contrario e lle dixemos verdades que non quer oir pois agora non servimos.
    Acordate Mosquito Picón que os PAXARIÑOS tamen comen Mosquitos, ten coidado en pasar por a copistería ( a xaula con a porta aberta ) porque igual te papo ...
    Os meus amigos e amigas de INICIATIVA VECIÑAL POR GALICIA son xente que non levantan a voz cando das a tua opinión, que primeiro son xente, amigos de verdade con que se pode falar de todo, bromeándo tamén, e moitas cousas boas que ti ben sabes...
    Recórdote que tiñas coidado que nos os paxariños papamos mosquitos...
    O dí Toñito o de Quisqueya.

    ResponderEliminar
  2. Mosquito capón, como o onte venres Blogguer tivo problemas e o comentario meu sobre ésta noticia se borróu, permítome volver a poñela e añadir algunha cousa máis que se me esquecera, primero poño o que puxen o xoves, e logo algo máis:
    Mosquito Capón:Respeto o teu comentario pero debo decirte a miña opinión: En C.G. no cal teño familiares e amigos na lista como lle leven a contraria o lle digan verdades que no quer oir a o Mosquito Paí, (que non pode estar la lista por estar INHABILITADO por un tempo, por temas persoáis que respeto),pero que e o que manda e ordena, van a tela clara, e igual tamén ofrecelle das que dan os curas como pasóu co mosquito e mosquita de I.V., e non ofrecéunos das que dan os curas, pero moitos que lle levamos a contrario e lle dixemos verdades que non quer oir pois agora non servimos.
    Acordate Mosquito Picón que os PAXARIÑOS tamen comen Mosquitos, ten coidado en pasar por a copistería ( a xaula con a porta aberta ) porque igual te papo ...
    Os meus amigos e amigas de INICIATIVA VECIÑAL POR GALICIA son xente que non levantan a voz cando das a tua opinión, que primeiro son xente, amigos de verdade con que se pode falar de todo, bromeándo tamén, e moitas cousas boas que ti ben sabes...
    Recórdote que tiñas coidado que nos os paxariños papamos mosquitos...
    O dí Toñito o de Quisqueya.
    AGORA DÍGOTE O QUE SE ME OLVIDÓU:
    - En vez de atacar a Iniciativa Veciñal(que o Mosquito Jefe foi Concellal de I.V. e que valía pra Concellal, Iniciativa Veciñal era o único partido verdadeiro da oposición nesta lexislatura).
    ¿Porqué no dirixes o teu agijón a os que están gobernando, que por certo somos moitos veciños que lle estamos plantado cara a o mal que o están faendo e dando a cara con os nos nomes sin escondernos ?.
    ¿Acaso pensarás que C.G. vai ter a chave para poder gobernar tamén con eles?.
    Non séi quen eres, pero se eres un/unha mosquito/a, a ver si tes o valor de picarlle a os que realmente teñen a culpa do que está pasando da nosa Vila.....
    - Onte a noite paseando cerca da nova Atalaia,ao aredor das FAROLAS miréi bastantes mosquitos/as que revoloteaban ao arededor de elas atraidas pola luz. O que avisa dicen que non e traidor: OLLO CON AS FALORAS.....
    Un saudo, e espero ver pronto noticias tuas pra saber pra donde vas a picar, faime caso .....
    Toñito o de Quisqueya.

    ResponderEliminar