12 de maio de 2011

TOMIÑO

O CONCELLO DE TOMIÑO ORGANIZA DIFERENTES ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS





O concello de Tomiño, un ano máis, organiza diferentes actividades na praza do Seixo para conmemorar o 17 de maio, DÍAS DAS LETRAS GALEGAS, este ano 2011 adicado ao poeta LOIS PEREIRO.

Ás 11h da mañá comeza a programación coa oferta de dous obradoiros infantís, un de elaboración de marcapáxinas e outro de creación de libros.
Sobre as 11.30h os cativos e maiores poderán disfrutar do contacontos “COIDA E MIOLO”
E xa para rematar as actividades da mañá, ás 13h concerto da Agrupación Musical de Goián.

Ás 17h estará montado un stand na praza do Seixo, atendido por persoal da OMIX e os seus voluntarios/as. Haberá camisetas, autocolantes e chapas coa LINGUA GALEGA como protagonista. Tamén bolígrafos e dípticos sobre Lois Pereiro e o Voluntariado.
Todos os interesados/as poderán obter un destes produtos de balde coa condición de que escriban NUN LIBRO algun relato, lenda, adiviñanza, refrán, crítica, suxestión… en lingua galega!!

Tamén ofertaremos xogos populares e simultaneamente 12 voluntarios e voluntarias de toda España e Portugal, participantes no SEMINARIO IMPULSO IBÉRICO DO ANO EUROPEO DO VOLUNTARIADO (
www.anhoeuropeodelvoluntariado.blogspot.com/ ) que terá lugar no Baixo Miño galego e Alto Minho portugués, protagonizarán unha interesante actividade de difusión de 17h a 18.30h. O motivo e que estas persoas con experiencias amplas en diferentes ámbitos do voluntariado, intercambien e compartan experiencias e boas prácticas coa poboación tomiñesa.

NON PODES FALTAR!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario