4 de maio de 2011

A GUARDA

O CHAMADO GRUPO DE GOBERNO NON LLE IMPORTA QUE A GALIPEDIA, A WIKIPEDIA EN GALEGO, DESINFORME SOBOR DE A GUARDA




Estes son o escudo ou brasón heráldico e a bandeira que se reproducen na Galipedia, a Wikipedia en galego



Infogauda / A Guarda




Logo de agardar un tempo que consideramos prudencial, e en vista que cando estando a piques de remata-lo seu mandato, semella que algúns con responsabilidade política, non se preocuparon presuntamente de instar a que se fagan ás oportunas rectificacións e/ou correccións, e mesmo os engadidos que son necesarios, desde Infogauda queremos deixar constancia que de pouco lles val os veciños de A Guarda, ter no concello uns persoeiros con adicación total e outros con adicación parcial, coas súas correspondentes retribucións económicas - que de económicas somentes teñen o nome -, nin tampouco que o grupo chamado de goberno haxa contratado algunha persoa especializada en temas informáticos, porque para mostra un botón: Galipedia, a Wikipedia en galego, ofrece unha información que dista bastante de ser a axeitada. Pero que ninguén interprete esta afirmación de xeito tendencioso. Non é responsabilidade directa da Galipedia, que o contido que ofrece non sexa o que debera ser, nin no referente o brasón heráldico nin a bandeira do Concello de A Guarda, nin no tocante a outros datos (como os clubes deportivos, centros educativos, etc. ) que de xeito erróneo e/ou incompleto, ofrece. A responsabilidade é dos compoñentes do chamado grupo de goberno. Nin máis nin menos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario