16 de maio de 2011

A GUARDA

Respecto enormemente a decisión e elección de cada quen a votar o que lle plazca, pero, sabemos que ocorre cando se vai a votar ou se se decide non facelo?


- Se non votas non terás a quen reclamarlle nada, o partido gañador fará coa túa persoa, a túa vida e os teus bens, o que outros decidan sen ti participar, (ex: idade xubilatoria, paro, etc), significa que estás de acordo co que a mayoria, é dicir os outros decidan por ti, coma se foses incapacitado ou un menor de idade.


- Se votas en branco significa que non estás de acordo con ningún dos que se presentan, pero ese voto conta á hora de repartir concelleiros, e os que saen gañando con el, son os partidos maioritarios.


- Faltaría engadir que, en rexións como a nosa, onde o "voto por costume" está á orde do día, non se beneficia ninguén, salvo aos mesmos ineptos de sempre.


- Outro tema interesante é o da maioría absoluta, como a que sufrimos desde as últimas eleccións. Nela non se discute, non se fan pactos, pero se exerce unha prepotencia e chulería coñecida por todos.


- O voto dos mozos é un voto limpo, sen manipulacións corrosivas de poder e diñeiro. É un voto cheo de ilusións, de ideais, de honestidade e desexos de facer ben. Non nos priven dese aire freco que tanto necesita a política, ide a votar, soamente vós podedes lograr que volvamos crer nos políticos.


- Non votar NON é unha DECISIÓN senón unha FALTA DE DECISIÓN.


CUSTOU MOITAS VIDAS PODER EXERCER O DEREITO A VOTAR, ASI QUE EN MEMORIA DESAS XENTES QUE LOITARON PARA QUE TI POIDAS ELIXIR O TEU GOBERNO, DEBERÍAS FACELO.


O 22 DE MAIO SERÁ COMA TÍ DECIDAS.....


VOTA!!!!!


ZZZZ...MOSQUITO CAPÓN

2 comentarios:

  1. como se te ve o plumero mosquito pai ata na forma de escribir savese quen e , parece que hay medo o dia 22.

    ResponderEliminar
  2. o memos dijo coñecese moi ben quén é o carliños , polas faltas de ortografía o a única frase que dís "do plumero", todo o mundo sabe que o Carlos, da xunqueira aínda non saíu

    ResponderEliminar