7 de abr. de 2011

PONTEVEDRA


O CONSORCIO DE BOMBEIROS ÚNICO E PROVINCIA ENTRA EN VIGOR TRALA XUNTANZA DE LOUZÁN CON MEMBROS DA XUNTA E DOS CONSORCIOS DE DEZA, MORRAZO, SALNÉS E BAIXO MIÑO

O presidente da Deputación de Pontevedra,Rafael Louzán, presideu hoxe unha xuntanza do Consorcio Provincial de Bombeiros de Pontevedra na que se presentou o servizo contra incendios e salvamento e se asinou o último trámite para a súa posta en marcha. No acto, participaron tamén o Director Xeral de Emerxencias, o subdirector xeral de Seguranza e Coordinación, o alcalde de Pontecaldelas e representantes dos consorcios de Deza, Morrazo, Salnés e Baixo Miño, así como técnicos da Deputación.

Sin aportación de concellos

O Consorcio Provincial de Pontevedra foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia e prestará servizo contra incendios e salvamento, integrando antes de tres meses os antigos consorcios comarcais de O Salnés, O Morrazo e Baixo Miño-Condado-Louriña baixo un único xerente e un único secretario. Louzán sinalou que a creación dun só consorcio provincial minorará os costos, optimizará os recursos, coordinará mellor os efectivos e dará unha resposta máis rápida e máis eficaz. Ata o de agora, a financiación dos parques de bombeiros viña sendo ó 50% entre a Xunta e a Deputación. No novo consorcio, os concellos non aportarán cantidade algunha aínda que serán membros do Consello Asesor do novo ente. Cobertura, investimentos e saidas dos parques O presidente da Deputación destacou que .. A Deputación leva investidos nos cinco parques de bombeiros da provincia (Silleda, Ribadumia-Vilagarcía, Bueu, Porriño) un total de 12 millóns de € na creación, dotacións, posta en funcionamento e mantemento deles. E tamén participou na adquisición de vehículos de primeiros auxilios e bombeiros de concellos importantes, como Ponteareas ou A Estrada. Nos 5 parques traballan preto de 100 persoas. O coste anual para a Deputación do mantemento dos 5 parques é de 2 millóns de €. Os anteditos parques tiveron, no ano 2010, un total de 1.200 saídas, desglosadas así: Parque do Salnés (Ribadumia e Vilagarcía) fixo preto de 370 servizos; Porriño, 340; Deza, 325; e O Morrazo, 170 saídas no último ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario