A DEPUTACIÓN INICIA HOXE A CAMPAÑA DE LIMPEZA DE PRAIAS DE CARA Á SEMANA SANTA A Deputación Provincial de Pontevedra iniciou hoxe a campaña de limpeza e acondicionamento dos areais da provincia para que permanezan en perfectas condicións en Semana Santa. Os traballos iniciáronse hoxe na Lanzada-O Grove, Vilanova e Baiona. Seguidamente, as máquinas irán pasando por todolos areais da provincia. A limpeza integral da praia realízase por medio dunha máquina, tirada por un tractor, que vai cribando a area a quince centímetros de profundidade. O primeiro traballo é o máis difícil pois implica a recollida de desfeitos mariños e algas e outros. O titular da administración provincial, Rafael Louzán, recordou que “Pontevedra ten 600 quilómetros de costa, 118 areais e 50 portos deportivos: 3, o de Baiona, Club Náutico de Vigo e Monte Real de Baiona, con bandeira azul” e neste senso, puxo de relevo que “somos un dos principais destinos náuticos do país”.
7 de abr. de 2011
PONTEVEDRA
Publicado por
Infogauda
ás
00:04
((•)) Escucha este post
Etiquetas: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario