7 de abr. de 2011

PONTEVEDRA


A DEPUTACIÓN CONCEDE 22 BOLSAS DE COLABORACIÓN A ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES, CUN INVESTIMENTO DE 160.500 EUROS


O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, anunciou esta mañá no Pazo provincial a concesión de 22 bolsas de colaboración a asociacións de comerciantes sen fins de lucro. Os bolseiros colaborarán coas beneficiarias traballando a favor da dinamización do sector e da promoción do asociacionismo. Para elo, desenvolverán tarefas de xestión a través dun programa formativo da Área de Comercio da Deputación e apoiado pola Dirección Xeral de Comercio, que conta cun investimento de 160.500 euros. O obxectivo desta actividade é fomentar o emprego e mellorar o desenvolvemento comercial. Poden solicitar as bolsas todas as asociacións de comerciantes sen fins de lucro, sobre todo as pequenas e pouco profesionalizadas. Pola súa banda, o presidente provincial manifestou que “con esta iniciativa a Deputación quere seguir apostando pola creación de emprego e por ofrecer formación e prácticas ós nosos titulados”.


“A creación destas bolsas era unha medida moi demandada polo sector”, explicou Louzán, de xeito que a súa materialización ven a demostrar que “a Deputación é un ente conectado coa realidade, que escoita ós cidadáns e que os apoia nas súas necesidades e no seu día a día”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario