28 de abr. de 2011

OURENSE

HOMENAXE AO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN EN RAIRO



O Presidente da Deputación, José Luis Baltar Pumar, recibirá unha homenaxe en Rairo, promovida pola asociación de veciños “Santa Lucía” desta parroquia ourensá.
O acto será este venres, día 29 de abril, nunha cea popular prevista para as 21:30 horas, nas pistas polideportivas existentes n o barrio e que se ubican nun solar cedido pola propia deputación aos veciños.

A Deputación foi tamén a que construíu estas pistas. Esto, xunto coa construcción de beirarrúas en toda a estrada que vai da Residencia ate Rairo son os argumentos da asociación veciñal para homenaxear ao presidente da Deputación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario