28 de abr. de 2011

PONTEVEDRA

Pontevedra recibirá o sábado a máis de 1.500 persoas do Baixo Miño para participar no mitin do PP na praza de touros


A mobilización acadada reforza as expectativas de éxito que o PP ten de cara ao vindeiro 22 de maio






· Os cabeza de lista de todos os concellos encabezarán a comitiva, integrada ademais por centos de afiliados, militantes e numerosos veciños e veciñas que teñen postas as súas esperanzas nun triunfo do PP nas eleccións municipais




Partido Popular / Pontevedra


Máis de 1.500 persoas procedentes de A Guarda, O Rosal, Tomiño, Oia, Tui, Mos, O Porriño e Salceda de Caselas achegaranse este sábado ata Pontevedra para asistir ao macromitin co que os populares queren pechar a precampaña e dar o pistoletazo de saída de cara ás vindeiras municipais do 22 de maio.
O Partido Popular provincial considera que a gran mobilización que se vai rexistrar na comarca do Baixo Miño e nos concellos da Louriña e o contorno para acudir ao mitin de Pontevedra é unha mostra clara da confianza que esperta o PP nestes concellos, onde as expectativas do PP apuntan á posibilidade de acadar a práctica totalidade das alcaldías..
Os populares desprazarán ata Pontevedra desde estes municipios un total de 25 autobuses e varias ducias de coches particulares, nunha xornada que o PP vive con ilusión e coa vista posta no 22 de maio.
Entre os asistentes estarán os alcaldes, presidentes locais, candidatos e demais responsables do PP nos distintos concellos, así como miles de afiliados, simpatizantes e veciños e veciñas que non queren perderse a oportunidade de asistir en directo ao macromitin co que os populares pecharán a precampaña e que contará coa participación do presidente nacional do PP, Mariano Rajoy, do presidente autonómico, Alberto Núñez Feijoo, e do candidato popular á alcaldía de Pontevedra, Telmo Martín.A masiva presencia de veciños e veciñas dos concellos do sur da provincia que se agarda no coso pontevedrés fai reforza as expectativas de éxito que o PP ten nestes municipios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario