28 de abr. de 2011

A GUARDA

O CENTRO DEMOCRÁTICO LIBERAL A GUARDA DENUNCIA O MAL FACER DA CONCELLERIA DE TURISMO NO PERIODO DE VACACIÓNS NA SEMANA SANTA





O presidente e voceiro municipal do Centro Democrático Liberal da Guarda, Xermán Cordero Verde, ben de expor o seu descontento por mor do mal facer da concellería de Turismo, e do concello da Guarda en materia de turística.
Dito presidente lamenta que non se aproveitase esta época de vacacións de Semana Santa. Que por exemplo, non se concedera dende esta época do ano os bolseiros de turismo, nin que se puxeran as casetas de información turística do concello; cousa que si o fixo a Asociación de Comerciantes ACIGU, e dende CDL – A Guarda agradecen a súa presidenta, este xesto para potenciar o turismo e o comercio no noso concello e na nosa comarca.
Por outro lado, denuncia o estado de sucidade que tiñan as diversas praias, como son a Do Muiño e a da Area Grande. ¿Deste xeito queren potenciar o turismo?, coa cantidade de maleza que tiña a praia do Muiño, o Xoves Santo. ¿Non saben mandar os funcionarios a limpar ditas praias?”. Tamén a suciedade dos monumentos e fontes. Tamén lamenta que non se aproveitase estas vacacións para converter as rúas Praza do Reló, Cervantes, Joaquin Alonso, Brasilino Álvarez e Ireira, peonís; para así fomentar a hostalería e o comercio local, xa que son datas que poderían fomentar as compras entre os nosos turistas, neste momento de crise que estamos a pasar.

Outro punto que comenta o presidente, e o do aparcamento en dobre fila e enriba das beirarrúas. Pon por exemplo o do Paseo Marítimo, e o estacionamento das motos enriba da rotonda da estatua do Mariñeiro, así como o estacionamento dos vehículos dos restaurantes da zona dentro da rotonda que está o final do Paseo Marítimo, como a deixades por parte do ente público Portos de Galicia e da Confraría de Pescadores, por non quitar as gamelas da explanada da zona que esta habilita para o aparcamento de autobuses e de vehículos.
Vale máis unha imaxe que mil palabras.




Dende esta formación política, esperamos que para o período estival do verán teñan por ben atender estas opinións que dende o CDL – A Guarda se están a facer.





Xermán Cordero Verde
Presidente e Voceiro do CDL – A Guarda



Ningún comentario:

Publicar un comentario