RITTA BREMER INAUGURA EXPOSICIÓN NO CENTRO CULTURAL
A pintora Ritta Bremer inaugura esta tarde (ás 20:00 horas) no Centro Cultural da Deputación a súa exposición CIDADES, nun acto que contará coa presencia da artista. RitTa Bremer naceu en Bremerhaven (Alemania), lugar do que toma o seu apelido artístico, en homanaxe á súa cidade natal, aínda que dende moi nova reside en Tui (Pontevedra).De fomación autodidacta, ten estudos de debuxo e deseño gráfico, así como de Historia da Arte na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).
Dende a súa infancia amosou unha especial inclinación cara o mundo da creatividade artística. De nena debuxaba e coloreaba os seus contos, o que fai que se considere unha pintora especialmente colorista. Aos trece anos empezou a pintar. Faino con óleo, acrílico, esmalte, pastel, fai gravados, etc.
As súas obras poderían definirse como expresionistas, aínda que os seus primeiros pasos foron polos vieiros da figuración. Na actualidade está moito máis orientada á investigación artística en campos da abstracción.
Apaixoada polo arte, esa paixón queda reflectida na súa obra, cunha experimentación constante, en busca permanente da armonía dentro dun espíritu creador libre, o que lle confire á súa pintura un carácter orixinal e vital.
Ningún comentario:
Publicar un comentario